sábado, 8 de diciembre de 2007

XII ASEMBLEIA XERAL

Cun preámbulo a semán anterior nas Nogais, tivo lugar no lugar de Acuña, no concello de Vilaboa do Morrazo, na sé oficial da Liga : A CASA DOS DRUÍDAS, a XII Asembleia Xeral , onde aprobáronse entre outras cousas nomear Celta do Ano a DON LUIS MONTEAGUDO, unha das nosas primeiras autoridades mundiais no estudo e investigación da Idade do Bronce.

PRESENTAMOS NOVA SOLICITUDE BIC PARA O CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Xustamente o dia 7 de decembro do 2007 , na Delegación Provincial da Consellería de Cultura de A Coruña presentamos á atención do Director Xeral do Patrimonio un novo dossier solicitando que sexa declarado BÉN DE INTERESE CULTURAL o chamado CAMIÑO DOS ARRIEIROS.

O CAMIÑO DOS ARRIEIROS, camiño tumular e milenario, de máis de catro mil anos de antiguedade, escomenza no porto de Vares para enlazar o mar con a importante meseta económica da Cunca do Eume ata As Pontes, e ó seu longo desta primitiva ruta de penetración podemos ollar máis de 100 túmulos , a maior parte dolménicos, castros e círculos líticos.

O CAMIÑO DOS ARRIEIROS amósanos que as relacións atlánticas foron constantes xá na Idade do Bronce entre o noroeste peninsular e as Illas Británicas.

miércoles, 24 de octubre de 2007

21 de Outubro : A LIGA VISITA O MONTE DE SANTA TREGA

Pensamos que o mítico monte de Santa Trega na Garda merece ser rescatado do esquecemento, e que recupere e anove o seu legado céltigo.
Actualmente o Patronato que o leva está funcionando baixo mínimos, cun monte abandoado e cun museu que nin tén a pinta de museo visto dende fora.
A LIGA CÉLTIGA GALAICA , dentro da sua campaña de INVESTIGACIÓN DO ESTADO ACTUAL DO PATRIMONIO GALAICO estivo alí, o dia 21 de Outubro do 2007 nun dos millores outeiros sagrados da Galiza.
Sacáronse conclusións , mais...
...PERO VAIAMOS POR PARTES:
A ENTRADA
Segun subimos pola estrada , nunha garita, unha encargada cóbrache a entrada, e dache unha pequena información.
UNHA PARTE DO ASENTAMENTO DO FERRO fica no medio da aba. Recuperaron unha cabana con o seu teito, e adecentaron as cabanas da sua bisbarra e os muros.
Actualmente fican en diversos sitios do asentamento paneis informativos, cecáis um pouco fantasiosos.
O MUSEU. Importantísimos restos fican na sua exposición, un valiosísimo legado que hoxendía non está recoñecido, nin prestixiado.
O carón de cada tesouro-porque falamos de auténticos tesouros- fica unha pequena frase en galego y en español.
Nunha esquina fican unhas follas penduradas na parede dando unha información xeral.
E iso é todo.
Fora , na entrada do edificio non hai ningún anuncio do Museu. A xente caseque nin se entera da sua existencia.
Acordámonos cando levaran a unha boa representatividade de bretóns de Lesneven, e que unha mínima parte deles, case nengún, fora a ve-lo. Nin se enteraran da sua existencia.
OS MIRADORES
Fican enteiramente cristianizados. A Cruz cristiana é o maior emblema do outeiro, e os turistas fíxanse máis nelo, xunto con o seu viacrucis.
AS TENDAS DE VENTA
Alí atoparedes nas tendas da cume un sinnúmero de detalles que transcenden a celtitude, profundizando no esoterismo: figuras de bruxas, dragóns, etc....
O RESTO DO MONTE
Sen unha limpeza nin unha recuperación efectiva. Pénsase en facer un roteiro , mais compriría ir descubrindo toda a CIDADE nas suas diversas etapas, ROMANA, PREROMANA, CÉLTIGA, BRONCE, E NEOLÍTICA.
CONCLUSIÓNS: Qué ideias, qué conceptos levarán os seus visitantes? Terán a mesma ideia unha vez visto que antes de subir ó monte? porque a inmensidade de Santa Trega é maxestuosa e fortísima .
A implicación dos poderes públicos é imprescindíbel si se quere anovar e recuperar a credibilidade. No monte hai moitísimo que facer, e non se pode tratar alegremente algo tan imprescindíbel para a nosa historia como a bisbarra da Garda e o monte de Santa Trega.
Ate eiquí o noso informe.
Seguimos crendo que somos un povo vivo.

miércoles, 29 de agosto de 2007

A LIGA PREPARA UN NOVO CURSO

Dando por concluidas as fases de traballo que acompañaron este ano 2007, centradas no estudo , e posterior visita o Parque de Dartmoor, o seguimento do irmandamento con a vila galesa de Caerfyrddin, novas tomas de contacto con as xentes de Dartmoor e de Wales, presentación do proxecto do PARQUE DOS BRETÓNS o concello de As Pontes, primeiras actuacións no concello de As Nogais, estudo final do Camiño dos Arrieiros, creación do grupo de traballo Berce das Orixens con a constitucion dos Primeiros Encontros no Retorno, seguimento do irmandamento con a vila bretoa de Lesneven, entre outras, a LIGA CÉLTIGA GALAICA inicia un novo ciclo con nova xente e novas metas.
Duas asembleias xerais abrirán este novo curso, desplegadas nAs Nogais i en Vilaboa do Morrazo, que darán o visto bón as novas actuacións a prol do País.

A LIGA INICIA CAMPAÑA DE REPLANTACIÓN DE CARBALLOS

A Liga inicia unha nova campaña de recollida de crianzas de carballos para no mes de novembro poder planta-los en zonas concretas da Galiza.

A LIGA DÉU POR FINALIZADA A SUA NOVA VIAXE A WALES

De novo iniciamos unha nova visita á vila galesa de Caerfyrddin (Carmarthen), como membros da Irmandade AS PONTES- CARMARTHEN, devolvéndolles así a visita do derradeiro ano.
Os galeses prodigáronse, como bós anfitrións céltigos, en atencións cara os galegos; así leváronnos de visita a Asambleia Nacional do Pais de Gales, a Cardiff, a capital; a Tenby, vila mariñeira; a Laugharne, a terra de Dylan Thomas, ensináronnos a sua vida interior de mil maneiras posibles... cumpliron coa verba IRMANDADE.´
O final, a LIGA CELTIGA GALAICA agasallara o Comité Galés cuns libros , e material etnográfico galaico.
Tamén iniciamos unha visita o Parque Nacional de BRECON BEACONS, unha das zonas montañosas de Wales, coa que a LIGA abre un novo dossier de futuro traballo na procura de novas probas que afirmen as afinidades identificativas das antergas Nacións Céltigas.

A LIGA REGRESÓU DE DARTMOOR

Moito que contar desta primeira visita , curta visita con catro dias moi intensos de traballo e de identificación da zona. Quedaron claras as nosas hipótesis, e agora somentes queda ordear os conceptos, imáxenes, etc. para i-las descubrindo cara nós, establecendo pontes de encontro e de amizade, texendo afinidades e desenrolando esas ideias novas que trouxemos daqueles lares.
Como veredes na foto, as divinidades céltigas de Dartmoor déronnos a benvida ó corazon do Parque: a zona mítica de Bellever.

martes, 28 de agosto de 2007

PREÁMBULO

Unha nova etapa escomenza.
Galiza vai avanzando paseniñamente cara o seu futuro.
E con ela, unha das suas ferramentas: a LIGA CÉLTIGA GALAICA
Sin querer abarcar máis do que humildemente podemos, queremos pór a vosa disposición aquelas novedades que poidamos contarvos dun xeito constante a partires de xá.
O noso país móvese.
E nós imos movéndonos con él.
O nosos únicos atrancos que nos levaron a diluir a nosa presencia constante nos medios non foi outros que a falta de dispoñiblidade dos seus membros máis activos, hoxe metidos en mil e unha historias, mais sempre traballando para unha causa común : Galiza.
Ben, xa basta de lerias, imos pois a contarvos peza a peza, paso a paso as novedades , que por haber hainas...