miércoles, 24 de octubre de 2007

21 de Outubro : A LIGA VISITA O MONTE DE SANTA TREGA

Pensamos que o mítico monte de Santa Trega na Garda merece ser rescatado do esquecemento, e que recupere e anove o seu legado céltigo.
Actualmente o Patronato que o leva está funcionando baixo mínimos, cun monte abandoado e cun museu que nin tén a pinta de museo visto dende fora.
A LIGA CÉLTIGA GALAICA , dentro da sua campaña de INVESTIGACIÓN DO ESTADO ACTUAL DO PATRIMONIO GALAICO estivo alí, o dia 21 de Outubro do 2007 nun dos millores outeiros sagrados da Galiza.
Sacáronse conclusións , mais...
...PERO VAIAMOS POR PARTES:
A ENTRADA
Segun subimos pola estrada , nunha garita, unha encargada cóbrache a entrada, e dache unha pequena información.
UNHA PARTE DO ASENTAMENTO DO FERRO fica no medio da aba. Recuperaron unha cabana con o seu teito, e adecentaron as cabanas da sua bisbarra e os muros.
Actualmente fican en diversos sitios do asentamento paneis informativos, cecáis um pouco fantasiosos.
O MUSEU. Importantísimos restos fican na sua exposición, un valiosísimo legado que hoxendía non está recoñecido, nin prestixiado.
O carón de cada tesouro-porque falamos de auténticos tesouros- fica unha pequena frase en galego y en español.
Nunha esquina fican unhas follas penduradas na parede dando unha información xeral.
E iso é todo.
Fora , na entrada do edificio non hai ningún anuncio do Museu. A xente caseque nin se entera da sua existencia.
Acordámonos cando levaran a unha boa representatividade de bretóns de Lesneven, e que unha mínima parte deles, case nengún, fora a ve-lo. Nin se enteraran da sua existencia.
OS MIRADORES
Fican enteiramente cristianizados. A Cruz cristiana é o maior emblema do outeiro, e os turistas fíxanse máis nelo, xunto con o seu viacrucis.
AS TENDAS DE VENTA
Alí atoparedes nas tendas da cume un sinnúmero de detalles que transcenden a celtitude, profundizando no esoterismo: figuras de bruxas, dragóns, etc....
O RESTO DO MONTE
Sen unha limpeza nin unha recuperación efectiva. Pénsase en facer un roteiro , mais compriría ir descubrindo toda a CIDADE nas suas diversas etapas, ROMANA, PREROMANA, CÉLTIGA, BRONCE, E NEOLÍTICA.
CONCLUSIÓNS: Qué ideias, qué conceptos levarán os seus visitantes? Terán a mesma ideia unha vez visto que antes de subir ó monte? porque a inmensidade de Santa Trega é maxestuosa e fortísima .
A implicación dos poderes públicos é imprescindíbel si se quere anovar e recuperar a credibilidade. No monte hai moitísimo que facer, e non se pode tratar alegremente algo tan imprescindíbel para a nosa historia como a bisbarra da Garda e o monte de Santa Trega.
Ate eiquí o noso informe.
Seguimos crendo que somos un povo vivo.