sábado, 10 de octubre de 2009

ADICADO AS VILAS GALEGAS AFECTADAS:

Un povo tén que conquerir o respeto a forza de loitar colectivamente a prol de dignificar absolutamente tódolos cauces sociais e históricos que o definen.

Cando ese povo cae na desidia e “deixa facer” a forzas económicas foráneas, sen preocuparse polo ninguneo que os poderes económicos fan deles; estará en peligro , porque o seu futuro estará en mans alleas.

Mais iso, aunque de dificil solución, terá remedio, porque sempre haberá un camiño cando o povo fica unido a prol de defender a sua dignidade .

O que xá non será de recibo é cando:

... Cando ese povo cae no hastío de seu, e “deixa facer” do xeito máis impune as forzas i empresas locais, que eliminen e mesmo atenten contra os mobiliarios patrimoniais que lle dán nome e dignidade o seu propio povo.

- E QUE OS SEUS PROPIOS CONCELLEIROS E ALCALDES O CONSINTAN!!

AS PONTES: NOVO ATENTADO PATRIMONIAL












(Fotos cedidas xentilmente pola Plataforma de Defensa do Patrimonio das Pontes. No nome do povo galego rebelde e digno, moitísimas grazas!!).
Este vernes unha pala levantou parte da área de protección da mámoa GA15070127, no que queda da necrópolis da Mourela, levándose por diante parte da tumulación.
Parece que a impunidade total estáse extendendo a todos e a todos.
Todos acordamos da enorme pérdida que representóu - e non só para As Pontes- do Circulo Litico da Mourela.
Parece que o enorme monte sagrado da Mourela está gafado.:
Primeiro foi o atentado do Parque Empresarial... eran tempos de Amigos das Pontes
Despóis foi o ninguneo do mesmo monte... pésie a que dende a LIGA CELTIGA GALAICA chamara a atención ó grupo de goberno mediante a proposta do deseño dunha campaña de recuperación da memoria ancestral que incluía actuacións na Mourela, e a constitución dun Congreso Internacional da Cultura do Bronce e do Ferro.
Parece que aquél goberno (que por outra banda era toda unha esperanza para un povo) non estaba interesado nesto, posto que nin nos contestaran...
Logo veu a autovía e os seus intereses: pasaron por riba de todo e cargáronse o Circulo Litico da Mourela, non sen antes levarse os achádegos alí escavados. (Vaia por diante o noso recoñecemento a Xacobo e a Plataforma pola sua enorme labora).
AMIGOS, VEMOS QUE VAI SER NECESARIO IR A MOURELA A INVOCAR ÓS NOSOS DEUSES PARA REMEDIAR ESTA SITUACIÓN, E DE FEITO, DESGAFA-LO MONTE.
... E QUE OS QUE GOBERNAN AS PONTES DÉN ESE PASO ADIANTE PROMETIDO: A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN POLO PATRIMONIO.
SEÑORES DAS PONTES: A LIGA CELTIGA GALAICA NON ESQUECE O QUE PROMETERON.
E SI A CREAN: POR FAVOR, VALENTIN: QUE NON NAZCA MORTA!!




BEBE GALICOLA!!

Aqueles que renegan das multinacionais ao tempo que se refrescan cunha Coca-Cola xa poden poñer remedio aos seus problemas de conciencia.

A Asociación Cultural Fontaira vén de lanzar a alternativa galega ao refresco global: a Galicola. Desde este mes empezan a distribuíla por bares, centros sociais e tendas de alimentación de toda Galiza, nunha iniciativa que propón “unha oposición consciente á globalización e o capitalismo” e ten como fin último xuntar recursos para asociacións que traballen na defensa e normalización da lingua galega.

A Galicola estase comezando a distribuír en botellas de plástico de 33 centilitros. Embotellada nunha fábrica de bebidas galega, a cola do país non ten cafeína.

Por agora producíronse 5 mil unidades, que servirán para calibrar a demanda e “marcar próximas tiradas”, explica Paulo Tobío, un dos promotores da iniciativa. Estima que a final deste mes terán unha relación dos puntos de venda nos que se pode atopar, que publicarán na web do proxecto: galicola.org.

Apoio á lingua O lema da Galicola é “Sabor para a túa lingua”. A iniciativa non ten carácter lucrativo, polo que todos os beneficios que se xeren, descontados os gastos de produción e distribución, irán para a asociacións que traballen a prol da normalización do galego. Ademais, o 5% dos ingresos brutos destinaranse a este fin a través dun “fondo polo galego”.

Para determinar o destino dese fondo, a Asociación Cultural Fontaira convocou o concurso Ángelo Casal. Animan a entidades sen ánimo de lucro a que antes de final de ano envíen os seus proxectos para promover a lingua. A partir do 1 de xaneiro exporanse na web, os mellores serán escollidos por votación popular e o 17 de maio baleirarase o fondo para entregarlle os cartos ao mellor proxecto

O NOSO MAR EMPORCALLADO: ESIXIMOS UNHA RESPOSTA!!

Recollido de A NOSA TERRA-VIRTUAL:

Ó parecer é un punto autorizado por Fomento.

Denuncian o perigo dos verquidos na ría de Arousa

As plataformas en defensa das rías de Arousa e Vigo, a asociación pola defensa da ría de Pontevedra e sectores produtivos representados por diversas confrarías de pescadores e asociacións de mariscadores denunciaron a deterioración que sobre o ecosistema das rías está causando as verteduras que desde 1998 veñen realizado nun punto que se sitúa na boca da Ría de Arousa.



A zona na que diversos portos da ría arousá realizan estas verteduras foi autorizada para tal fin en 1998 polo Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex), organismo dependente do Ministerio de Fomento.

Os ecoloxistas calculan que neste tempo arroxáronse ao mar neste punto, situado a dúas millas da illa de Sálvora e a 3,5 millas da illa de Ons, unhas seis millóns de toneladas de verteduras de todo tipo, na súa maior parte procedente de dragados.

Estas verteduras poderían estar xerando, segundo os denunciantes, unha importante alteración no ecosistema das rías, xa que parte das sustancias verquidas ao mar son transportadas polas correntes a zonas do interior das rías e a outros puntos do litoral galego.

Os colectivos en defensa das rías presentaron hoxe unhas imaxes tomadas polo sónar dun pesqueiro nas que se aprecia que unha alteración importante do fondo mariño no punto onde existen as verteduras, no que existe unha profundidade de 95 metros. En concreto, apréciase a existencia unha "montaña" duns vinte metros de altura xerada pola acumulación de residuos.

Segundo as estimacións dos ecoloxistas esta montaña de verteduras pode conter ao redor de dous millóns de metros cúbicos de residuos. "Onde están os catro millóns de metros cúbicos restantes?" pregúntase o portavoz da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido.Rubido instou as administracións a que analicen a composición destas verteduras e cales poden ser as consecuencias que carrexen ao ecosistemas das zonas produtivas das rías galegas.

Os ecoloxistas e os sectores produtivos recoñeceron que as verteduras están autorizadas e son legais pero cualificaron de "disparate" que nas rías galegas se aplique unha normativa de carácter xeral para todo o litoral español. Na súa opinión, tanto polas súas características, como pola súa produtividade, as rías galegas deberían ter unha consideración propia que evitase este tipo de situacións.

Neste sentido anunciaron que lles proporán ás Administracións a creación dunha mesa de diálogo, "da que non se exclúa a ninguén", para propiciar a creación dunha normativa "que teña en conta a realidade das rías".Como primeira medida as asociacións proteccionistas e os sectores produtivos do mar solicitan unha moratoria que suspenda o máis axiña posíbel estas verteduras. Se non leva a cabo, os ecoloxistas anunciaron que estudarán a posibilidade de realizar unha denuncia desta práctica en Bruxelas.

Lixo na praia de Vares









Praia de Vares: desde o dia 11 de setembro ó 5 de Outubro estivemos vendo impasiblemente un continuo acumule de lixo , ate que fartámonos de ir tropezando cada poucos metros con algo; daquela escomenzamos as actuacións, establecendo un punto limpo no centro da praia e sinalizar aqueles focos susceptibles de tacto, como as medusas mortas .
Inda o mar devolvera un enorme pez -globo, mais parabéns , porque voltara ó mar: a resaca levárano de novo para alimento dos seus habitantes mariños.
Xa na derradeira semán de setembro adicámonos a protexer e sinalizar o punto limpo , para que alguén viñera a leva-lo.
Por alí pasaron diariamente xentes do povo na procura de restos da marea que poideran aproveitar, mais o lixo seguía alí.
Naide se molestóu en recolle-lo.
Chegamos o dia 5 de outubro. Unha boa marea desplazóu todo o lixo cara o fondo da praia: non habia outra, recollimo-lo todo en 8 grandes bolsas cara o no noso coche o deixámolo nos contenedores de lixo do povo.
Acordámonos moito do comportamento de moita xente indíxena cando fora o do Prestige.

un cachalote morto descompónse na praia de Vares dende hai varios meses


Un cachalote pasóu na area da praia de Vares o ultimo tercio da temporada veraneán e a primeiros de outubro todavía seguia alí. Pudríndose. Seica o servizo de limpeza de praias acabara o seu cometido de limpeza turística ó acabar a tempada ... e alí quedóu o noso amigo cachalote, e quedará ate que non quede nada dél.
Reclamamos limpeza anual das nosas praias. Deámonos a respetar. Ofrezamos calidade todo o ano os nosos visitantes.