lunes, 21 de diciembre de 2009

MENSAXE DO NADAL DA LIGA CÉLTIGA GALAICA


Dende logo, definirnos como galegos e actuar como tales é cada vez mais complicado, polas moitas lecturas e comportamentos interesados que nos fan chegar dende fóra.

Ou dende dentro os “ entendidos” con gana de uniformizar todo o vivinte, ou polos moitos séculos que levan lavándonos o rebro pra que creamos que o de fóra é mellor e superior, teimando en que nós éramos atrasados en todo, acompañando en todo momento estes intereses con actos concretos para impoñernos paseniñamente un sentimento de culpa por sermos diferentes, e daquela facer que obráramos contra nós mesmos.

@s galeg@s somos depositarios dun legado cultural extremadamente rico, que está a esmorecer en moitos ámbitos, por razóns da negación e desprezo que veñen de lonxe ou porque a maré globalizadora no deixa moita cabida na sua supervivencia. Valerlle a ese legado, dignificalo e potencialo, non só é de xustiza cos nosos devanceiros, tamén é preciso na procura da nosa supervivencia como povo.

A nosa idiosincrasia está aí, rebeldes pero leais, complicados pero caviladores… todo un conxunto de métodos, ideas e comportamentos … avalados por un territorio e un idioma diferenciado que son a fachenda da península ibérica e asemade mostra vivinte dos “kelts*” que se definían diferentes e autónomos dende os seus territorios ben vertebrados, constituíndo os seus clans coas súas escalas sociais, sentían e dábanlle prioridade a aquelas cousas, maneiras, legado ao cabo, que aínda hoxe perduran na identidade de todos nós, e que aínda que os poderes alleos tratan de minorizar, deformar, desprestixiar e diluír, sempre, sempre estarán aí, pois evidencian o substrato céltigo da nosa cultura.
.
A Liga Céltiga Galaica dende a sua fundación en Compostela un 23 de novembro do 1996, vén traballando pra manter ao día ese legado que inmorrentemente nos deixaron e que vén sobrevivindo século tras séculos através das súas xentes máis sensíbeis e auténticas.
.
Nós non entendemos o celtismo como unha referencia nun momento determinado da nosa historia, xa que o que caracteriza aos países da Celtia non só é o pasado, tamén compartimos un percorrido histórico semellante cheo de intercambios até o presente.
Amais disto, os povos da Celtia soubemos sempre evoluír nun contexto non exento de adversidade e negación das nosas identidades.

O Celtismo definido aquí como unha serie de valores espirituais e inmorrentes que nos deron forma, xeito, motivo e forza pra existir como povo, hoxe representa pra o noso país unha clara referencia pra enderezar histórica e socialmente o seu rumbo.

O Povo Galego sempre mantivo acesa a faísca ou o lume dunha vontade de ser colectiva. Nós non entendemos o legado cultural dos devanceiros como un lastre do que cómpre desprenderse e si como unha posibilidade pra o futuro do País.

Por todo iso, a LCG vénse implicando non só na preservación e revitalización dos costumes e tradicións de orixe céltiga, comprometéndonos co afortalamento da nosa conciencia colectiva; senón tamén en mellorar as condicións de vida das nosas xentes creando alternativas e formulando propostas claras e reais.

Ese compromiso fainos constantes no noso percurso, e aquí, no noso Val (do mesmo xeito que noutras rexións galegas), mes a mes neste boletín.

Vaia pois esa mensaxe directa aos vosos corazóns : O afortalamento da nosa conciencia colectiva xunto co compromiso e a dignificación de todo aquilo que conleva a nosa existencia. Son principios dabondo pra crear ilusión, pra viver con alegría, fe e esperanza nunha Terra (Nazón) que nunca nos há virar as costas.

LIGA CÉLTIGA GALAICA


* Seguindo un criterio lingüístico, os territorios celtas son todos aqueles que comezan pola seguinte combinación fonética en latín:

1º consoante oclusiva gutural xorda/sonora (g/k)
2º vogais de abertura similar “a/e”
3º consoante alveolar líquida “l”

Resultado da evolución dende o termo grego “kelt” até os termos latinos: cal, gal, gael (atopamos esta evolución fonética no latín en Astvrica-Astorga, Lvcvs-Lugo ou Bracara-Braga) Neste caso atopariamos aos “galaicos” na Galiza, aos “galos” na Franza, aos “gálatas” na Turquía, aos “caledónios” na Escoza, aos “gaélicos” na Irlanda ou aos “galeses” no Principado do Gales (descoñecemos que vencellamento poden ter cos “celtae” as rexións de Galítzia na Poloña e Galilea na Palestina).

No hay comentarios: