domingo, 22 de agosto de 2010

VIII ENCONTROS DOS AMIGOS DOS PENIDOS




DEFINICIÓN


Buscamos uns “Encontros” que sirvan para máis que para celebrar un mero acto anual cos clásicos roteiros.. Uns encontros que sexan unhas verdadeiras xornadas históricas das que asemade de adicalas a estas coordenadas xeográficas que andamos a estudar dende mais de 10 anos, sirvan como nexo común para retomar temas de todo o Valadouro e das suas elevadas bisbarras como a Frouxeira ou o mítico Xistral.


FINALIDADE DOS ROTEIROS


A LIGA CÉLTIGA GALAICA , nestes roteiros, propónvos unha longa lección da historia que, dende a etapa Neolítica poderemos , asemade de situarnos se prexuizos no pasado que imos estudar, buscar a identificación cos achádegos alí existentes, comparando o que sabemos coa realidade física dos Penidos.
Nunha visión máis amplia do que fora a vida nos nosos eidos atlánticos dende 5.000 anos, concentrada nestas paraxes seminalterábeis para a natureza, onde a gandeiría de hoxe convive con os restos das economías pasadas,actuando como unha verdadeira toma de contacto cun conxunto , tanto arqueolóxico como natural, básico para podermos entender o comportamento social e mesmo económico dos nosos devanceiros nunha das etapas primarias, sobor das que se asentaron as seguintes , que moldearon a forma orixinal da nosa Cultura das Trebas, que como sabedes tivo lugar na Idade do Ferro, séculos despóis.



ACCESO Ó CURRO DE SANTO TOMÉ

O lugar de encontro será o sábado 29 de Agosto as 10:00 horas no Curro de Santo Tomé,

• Para chegar a zona, teredes que ir a Ferreira do Valadouro (un chisco despóis de pasar Mondoñedo) , e dalí seguir as sinalizacións de “Ruta dos Penidos”; “Dólmen”, ou “Curro de Santo Tomé- Rapa das bestas”.
• Unha vez que fiquedes na estradiña local cara o Curro,; ós 3 km pasaredes por Gradaille,(onde atoparedes nunha das entradas o Pazo, xusto na beira da estrada, unhas caras talladas en pedra) . E xusto despóis de percorrer outros 3 kms, un letreiro alusivo o Curro de Santo Tomé indicarávos que teredes que coller unha estradiña a dereita.
• Pasaredes algúns lugares, chegando os 2 km por fin a un castro, reconvertido nun Via Crucis; iredes subindo póla sua aba chegando a Croa , hoxe cristianizada pol presencia da Igrexa de Santo Tomé onde tedes un femoso escudo en pedra no chán, a entrada do cimiterio..
• Pasada a Igrexa, a uns 200 metros colleredes unha estradiña asfaltada a esquerda, e iniciaremos de contado unha brusca subida pasando por varias casas; ide atentos que a poucos kilómetros aparecerávos unha nova estradiña asfaltada a dereita con a indicación do Curro de Santo Tomé. ou Ruta dos Penidos.
• Despóis dunha forte subida de 300 m. e de pasar a Pena Moura, chegaredes o Curro de Santo Tomé.



PROGRAMA DE ACTIVIDADES



ROTEIRO PRINCIPAL

CURRO DE SANTOME- A FONTE –O CURRO VELLO – A PENA MOURA- O SABOCEDO – O PRADO DAS CHANTAS – AS CORUXEIRAS - CHAIRA DAS CABANAS – BAIXADA CARA O RIO VAO –COVAS - CURRO DE SANTOME

(Duración aproximada: 4 HORAS. Clasificación: Doado )


CURRO DE SANTOME- (Recepción )……………………… . 10 :00 h.
SAIDA ( non haberá demora) ……………………………………... 10: 30 h.
FONTE (Provisión ritual de auga do Xistral) …………………… 10: 35 h.
O CURRO VELLO ……………………………………………………. 10: 50 h.
A PENA MOURA ………………………………………………………11: 10 h.
O SABOCEDO ………………………………………………………... 11: 30 h.
O PRADO DAS CHANTAS……………………………………………12: 00 h.
A GRANXA ……………………………………………………………. 12: 30 h.
AS CORUXEIRAS ……………………………………………………. 13: 00 h
CHAIRA DAS CABANAS ………………………………………… … 13: 30 h.
BAIXADA CARA O RIO VAO ……………………………………. 14: 00 h.
AS COVAS DA MINA ……………………………………………… 14: 15 h.
O CHAN DE PADORNO …………………………………………….. 14: 30 h
CURRO DE SANTOMÉ ……………………………………………… 15:00 h


DETALLES

1. 10:00 H.- Recepción participantes no Curro de San Tomé.
2. 10:30 h.- Saida do roteiro.
3. 11: 00 h.- Repesca para tardon@s no Curro Vello – Penamoura.
4. 15:00 h .- Xantar no Curro de San Tomé.
5. 18:00 h.- Visita á antiga fábrica de Damián , en BACOI (Alfoz), onde a Liga Céltiga Galaica procura a creación dun Centro de Interpretación do Rio Ouro.
6. 20:00 h.- .- Rolda de viños e petiscos pola vilas de Ferreira e Alfoz.
7. 21:00 h..- Cea de confraternidade no Ban San Pedro. Mor.- Alfoz.
8. @s que queirades ficar a durmir no San Pedro, dádenos un toque para reservar habitación 636312271
9. E os que queirades vir de camping, chamádenos tamén con antelación.

A ás 21 horas celebraremos unha cea de confraternidade no Bar San Pedro, en Correlos, Mor (Alfoz)... non ten perda. Colledes na Seara no cruce de semáforos a dereita (indo a Mondoñedo) . Pasaredes pólo centro neurálxico de Alfoz: o Concello, a Clínica, o Centro Social, o Campo de Fútebol, e batiredes cunha recta en baixada: o Bar San Pedro fica a mán dereita da estradiña, xusto o carón dunhas naves.

QUÉ TRAER?

Saberedes que o tempo na montana é impredecible, pólo que non desbotedes algunha prenda de abrigo con un chubasqueiro fino. Do demais vos faredes unha idéia de experiências pasadas: botas de treking, gorra, repelentes, etc. Xá por último, que non se vos esqueza traer o xantar.

IMPORTANTE!!

-Os/As participantes deben levar o seu xantar ao roteiro.
-Pra apuntárense na cea cómpre chamar antes do xoves 16 ao 600378363.
-Quen queira botar a fin de semana no val ou ficar a durmir algunha noite,
ten que reservar cuarto na hospedaría do Bar San Pedro: 982558411.

(Máis info nos telfs.: 600378363 e 636312271)

Grazas a quen:
LIGA CÉLTIGA GALAICA
BAR SAN PEDRO (Alfoz)