domingo, 14 de octubre de 2012

De novo voltamos á palestra...!!



Non sen tempo... sumidos como andamos en mil tarefas diferentes , sempre co denominador común da nosa terra, da nosa xente, da GALIZA real e verdadeira.
Non vos creades que a LIGA está morta... a LIGA é unha ferramenta, e só iso. Unha ferramenta para o pais, potenciando camiños, ilusionando a nosa xente, creando vínculos... texendo e destexendo, mais sempre  o seu xeito, activa.
A LIGA non é unha finalidade en sí misma; non é a clásica Asociación Cultural que coñecedes, é algo diferente. 
A nosa laboura non é doada. As veces desaparecemos do mapa, para retornar con forza na FROUSEIRA, nos PENIDOS, no CAMIÑO DOS ARRIEIROS, na SERRA DO ÉDRAMO, no PÁRAMO ou en calquér dos eidos onde adoitamos traballar.
O noso balado no FACEBOOK abrímolo  o noso povo e ahí fica, coa constancia que temos que non é moita, mais sempre activados... que remedio!!  o pais ademáis de querer povo quere ideas, rexeneración, alegría e sobretodo ansia de vencer, de ver unha saída a este pozo inmundo en que ficamos dende hai moitísimos anos... ou  tal  vez séculos???

Andamos nas eleccións galegas... hummm!! haber que carallo pasa esta vez... caerá o PP?  e se cae voltaremos a asistir a outras imaxes semellantes a época do bipartito?? ou cecáis o noso povo maduróu e quere algo distinto??

Nós , independentemente do resultado, imos seguir adiante, porque creemos no celtismo que dalgún xeito impregna todolos currunchos da nosa terra en mil detalles palpables no dia a dia.

A loita  -sabémolo ben - é de por vida; e tenderá a ser dura e constante. Mais  -damos fé delo- levamos unha estreliña na fronte que nos terá que ir alumeando este sendeiro escabroso nesta -seguimos nela?- abominabel noite de pedra.

Bicos e apertas a todos vós, que creedes no noso proxecto, que xá cumpléu 16 anos e sigue vivo.

jueves, 21 de abril de 2011

Comunicación non aceptada da LCG para o III Congreso Céltigo de Narón



Fotografía: Complexo Megalítico de Pena Moura ( tramo do Camiño dos Arrieiros) . Como vedes, completo abandono e os letreiros indicadores destrozados.

COMUNICACIÓN PARA O III CONGRESO CÉLTIGO DE NARÓN

Estratexia do poder: eliminación de probas históricas molestas.

Tocounos viver nunha época de contínuos cambios, onde a evolución total do chamado “poder” está levando a cabo, etapa tras etapa, un plan deseñado metodicamente ao longo dos últimos douscentos anos.

Atrás quedou a etapa media, onde as clases dominantes concentradas nas famillas medievais medias e reais exerceron o contínuo labor de pechar portas a toda evolución, chegando mesmo a criminalizar os moitos intentos e descubrimentos que noutrora xurdiron dende as diversas capas populares.

Arestora, o chamado “poder” evolucionou, unha vez satisfeitas as suas necesidades básicas, até achegar o factor “económico consumista universal dos monopolios e grupos de poder” que todos coñecemos, cumprindo fielmente e con calma o seu papel de ir reutilizando e revisando “absolutamente todo” cara a sacarlle o maior partido económico (que non social) posíbel.

E cando falamos dese “todo”, estamos referíndonos polo que nos toca viver, ao noso territorio xeográfico galaico, o noso sagrado territorio do noroeste peninsular.

Efectivamente; ás agachadas están creando un novo mapa xeográfico de matiz económico e só económico para rendibilizar os moitos negocios que dende esta “liberdade empresarial dos monopolios e grupos de presión cada vez máis inmunes e poderosos ” liberdade da que supostamente “gozamos”, poidan satisfacer o seu ego, xaquelogo levan anos medindo cada eido, e plantexando o seu futuro.

Mais neste noroeste peninsular presentouselles un serio problema: pois temos unha parte importantísima da nosa historia pasada enterrada e mesmo definida ou catalogada e social e arqueológicamente recoñecida baixo determinados conceptos aceptados e aínda sen aceptar, mais claramente existentes; ás veces de todos coñecidas, ou aínda por coñecer e definir.

Para facer fronte a esas realidades, xurdiron as coñecidas Áreas de Protección ou Parques Culturais de todo tipo, mais cunha letra escrita pequena e ambigua que os define, chea de matices que ben poderían alterar os parámetros e os compromisos adquiridos con tal protección.


Hoxendía ollamos xa a realidade activada dese perverso plan, feitas con toda impunidade ao abeiro desa letra pequena e ambigua das mesmas leis que o mesmo Poder creara: Canteiras no Courel, Parques Eólicos indiscriminados nas nosas serras, pasando por alto a normativa existente, destrución sistemática de zonas arqueolóxicas, silencio absoluto dos descubrimentos feitos ante prospeccións urxentes… e así un longo etcétera.

Así retorna a vella lenda: poñer os raposos responsabilizados a coidar dos poleiros.

Para facer todos eses desmáns contan coa protección total do Estado e da Comunidade Autónoma Galega, asemade da complicidade dun sector popular, que sumido nas carencias económicas deste sistema social, politico e económico inxusto no que estamos, asinte a unha intervención de calquer tipo nos seus terreos a cambio dalgunha compensación, por moi sinxela que sexa.

Porque… para eles que vai ter o monte de especial? O monte non é máis que monte, e por iso é aproveitábel; e baixo eses parámetros, deixan facer o irremediábel, que conleva a destrución sistemática dos restos históricos que poidan conter.

Isto non é novo; leva moitos anos facéndose; coñecemos casos, dende expoliacións impunes de castros, igrexas, etc., a plantacións de pinos en zonas arqueolóxicas de primeira magnitude, dende ubicación de parques eólicos violando as mesmas leis de impacto medioambiental, até represalias económicas dirixidas dende os poderes públicos a quen denuncien estas violacións.

Mais todo este plan, habilmente pensado e deseñado non seria tal sen un factor elemental para desenvolvelo: o ensino histórico do territorio.

Así vimos asistindo por unha banda a unha sistemática negación da nosa historia pasada, mesmo despreciando o denominador común global da mesma, que é “a celticidade galaica”, reemprazándoa habilmente por connotacións máis vulgares, como a verba “ castrexo”, ”, meténdoa nun contexto unitario e oficialista, dentro da península ibérica, para dende aí, potenciar o mundo mediterráneo, estendendo en por sí para todo o territorio nacional aquelas probas irrefutábeis que definen aos galaicos do noroeste peninsular.

E por outra banda, a calificar importantes e básicas construccións históricas que fican espalladas no noso territorio dun xeito que lle resten a importancia debida.

Todos coñecedes a coincidencia en datar moi fielmente como do medievo, construcións que veñen da nosa etapa neolítica, e dárlle unha finalidade máis vulgar do que noutrora tiveran. Todos sabemos da existencia dos peches elípticos ao longo do noso territorio, vulgarmente tachados de “curros de bestas do medievo”, cando en realidade estes peches fóronse adaptándo ás necesidades da cultura do gando através dos milenios até hai ben pouco.

Tamén temos que dicir, que se o povo renuncia á recuperación e dignificación de determinada zona arqueolóxica, terá que saber que está outorgando gratuitamente esa zona aos poderes empresariais que queiran reutilizala, por moito escrito a favor da protección desa zona que haxa.

Se o noso povo estivese concienciado, non houbera pasado o triste episodio da Mourela ou do Castro marítimo da Atalaia San Cibrán ou do Castro-factoría de Nostián, e outras accións levadas adiante por necesidades prioritarias. Agardamos que todos aprendéramos destos feitos.

Parece que se esqueceron dunha verba que aquí tivo e ten moita importancia: a reutilización. Segundo eles, fican poucas pedrafitas no noso país; semella que non viron algunhas disimuladas entre peches ou valados.

Poderíamos continuar; mais só queremos darvos neste III Concreso Céltigo unha idea base: estánnos a destruír sistematicamente todas aquelas probas que poderían testemuñar o que as nosas investigacións futuras van demostrar.

Dende a LCG cremos necesario alertar o povo galego destes plans dos poderes económicos, tracexados co aval e apoio dos poderes públicos, para este milenario noroeste peninsular, cun claro fin determinado, entre outros, desilusionar os futuros traballos dos nosos investigadores máis xóvenes.
De aquí esta denuncia.

E seremos nós, o povo, quen terá que decidir, a resposta coherente para dar.

A NOSA TERRA É NOSA!

LIGA CÉLTIGA GALAICA