viernes, 8 de octubre de 2010

Crónica dos VIII Encontros nos Penidos - I




Nas vísperas do xá tradicional Encontro, tivemos ocasión de coñecer o vello aserradeiro de Damían en Bacoi, e de realizar unha toma de documentación que nos servirá para a campaña, na que todos sabredes, terciaremos de que os poderes reconvera ese fermoso lugar no agardado Centro de Interpretación do rio Ouro.

O dia do Encontro amosóuse xeneroso sen aprestarse a choiva. De princípios , puntuais coma ingleses, os nosos compañeiros de Ferrol estaban xá no punto de encontro establecido na Gasoliñeira de Ferreira, e despois de almorzar uns e de ir buscar a empanada outros, emprendimos caravana ate o Curro.

Despois de visitar o Padorno, e o seu complexo arqueolóxico encabezado polo seu Dólmen, e dado o tempo inestabel, decidimos por mor dunha posible choiva ir directamente o final da pista, para facer unha descripción do lugar, e logo dali acceder ás Parañoas e o seu Santuario póla fermosa Veiga Mol. Sempre é un enorme placer ficar nas Parañoas, unha fermosa atalaia sobor do Mao rodeada de grabados entre os que sobresale a xá lendaria “Dama”.

Xá de regreso toca a foto de rigor na pedra zoomórfica, no eido da Chaira das Cabanas, a visita obligada á pedrafita das Coruxeiras e a subida o Prado das Chantas.

Cumplido ben o horário, baixamos a área recreativa onde elexindo a mesa apropiada o abeiro do vento, celebramos o encontro co xá clásico xantar.

Xa pola tardinha, de vagariño subimos o Sabocedo dende a fonte “milagreira” para ollar o aliñamento, os túmulos e a Pena Moura; inmensa atalaia que domina poderosamente a entrada natural ós Penidos...

Crónica dos VIII Encontros nos Penidos - II




Xá para acabar, optamos por baixar ó Curro Vello para andar e desandar o Camiño Vello que baixa cara Pedrouzos e a sua cabana de palla regresando de contado ós coches que agardaban-nos na área recreativa, onde ainda tivemos tempo para parolar un anaco.

Os nosos amigos ferroláns, da Sociedade Galega de Historia Natural, regresaron os seus eidos namentras que nós continuamos o programa visitando o antergo aserradeiro de Damían, noutrora aserradeiro e mañán Centro de Interpretación do Rio Ouro, e a xá clásica ronda de viños e petiscos con a xá mítica cea de confraternización.

Mais houbera algo que non contabamos: O noso amigo “Muro”, do Bar San Pedro insistíunos en ensinarnos a vella cabana perdida no alto do monte de Mor; asi que ate aló fumos; nunha primeira toma de contacto apreciamos as enormes dimensións da mesma, e alí mesmo trazamos xá futuros plans para limpala e recuperala. Muro, ensinóunos ate o derradeiro recoveco nunha área totalmente en ruinas.

Agradecementos
Queremos dar as grazas a Carlos Cornide póla sua reportaxe fotográfica, ó SGHN pólo seu apoio i ensinanzas , o noso Segredario Lionel Rexes póla organización impecable do encontro e o noso amigo e compañeiro Muro, que contaxióunos o entusiasmo pola recuperación daqueles béns preciados polo povo e que hoxe durmen o sono dos anos no alto dos montes de Mor.