miércoles, 18 de junio de 2008

A CULTURA MARÍTIMA GALAICA INVITADA DE HONRA NA BRETAÑA

Galiza é este 2008 convidada de honra no principal evento internacional da cultura marítima, que ten lugar entre o 11 e o 17 de xullo na Bretaña francesa: a Festa Marítima Internacional de Brest.

A nosa terra goza, como convidada, da compaña doutros países de forte tradición marítima: Croacia, Noruega, Madagascar e Vietnam. Un merecido recoñecemento para o noso país - primeira nación que non é estado que acode á Festa - , lugar de referencia dentro da Península Ibérica na organización de encontros de embarcacións tradicionais desde 1993 e posuidor dun inmenso patrimonio vinculado ao mar e aos ríos.

Arredor dun millón de visitantes poderán coñecer as nosas tradicións mariñeiras e embarcacións senlleiras, a nosa música e a nosa gastronomía.

Pero Brest é tamén un excelente lugar para dar a coñecer internacionalmente o conxunto da identidade e da cultura de Galiza como país.

A programación diaria que terá lugar no Village Galice, cobrará especial importancia o 16 de xullo, o Día de Galicia dentro da Festa.A participación de Galiza como país convidado de honra na Festa Marítima Internacional de Brest 2008 é un proxecto da Consellaría de Cultura e Deporte e da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

PARA MÁIS INFORMACIÓN IDE A

http://www.galiciaenbrest.org

PROGRAMA FESTIVAL CELTA DE ORTIGUEIRA 2008

Os catro días de concertos levarán a Ortigueira a perto de 25 formacións musicais, sendo gratuítos todos os concertos.

O carácter internacional do Festival queda claro se temos en conta que os grupos proceden de doce países, cunha presenza protagonista para as bandas galegas, encabezadas por Sondeseu, Fía na Roca, Uxía ou Xochilmica.

De fóra chegarán históricos da música celta como os irlandeses Moving Hearts e The Dubliners ou os escoceses Boys of the lough.

Tamén destaca a presenza de formacións de primeira liña, non encadradas exactamente na chamada música celta, como os finlandeses Värttinä, ou a sorprendente formación berlinesa 17 Hippies.

Haberá espazo igualmente para formacións novas, por exemplo do debú dos percusionistas de Odaiko e os concertos que terán lugar polas tardes no Escenario Runas, por onde pasarán oito bandas emerxentes de todos os países da Península Ibérica.

Os concertos abriranse o xoves 10, cunha Noite de Foliada, protagonizada pola música galega de Malvela, Xochilmica e a Banda das Crechas.

Todas as actuacións (agás as do Proxecto Runas) terán lugar no Escenario Estrella Galicia a partir das dez da noite.

Programa completo:

Xoves 10 Malvela (Galiza)Xochilmica (Galiza)Banda das Crechas (Galiza)

Venres 11 Escola de Gaitas de Ortigueira (Galiza)Sondeseu (Galiza)Värttinä (Finlandia)17 Hippies (Alemaña)

Sábado 12National Youth Pipe of Scotland (Escocia)Fía na roca (Galiza)Odaiko percussion group (Galiza)Moving Hearts (Irlanda)Boys of the lough (Escocia)

Domingo 13Uxía + invitados (Galiza)Eliseo Parra + Tactequeté (Castela-León)The Dubliners (Irlanda)

QUE O DISFRUTEDES!!!!!!!!!