viernes, 25 de diciembre de 2009

XIV ASEMBLEIA XERAL. Acordos






VELAHI TRES INSTANTÁNEAS DOS TRES ENCONTROS CELEBRADOS PARA DARLLE PULO A ESTA XIV ASEMBLEIA XERAL.
Nin que decir tén que despóis das xuntanzas houbera celebracións!!
.. e por todo o alto!!
Na primeira foto, a terceira xuntanza, feita no Bar San Pedro, no Valadouro.(norte do país)
Na segunda foto, a segunda xuntanza, feita na Casa dos Druidas, en Vilaboa do Morrazo.(sul do país)
Na terceira foto, a primeira xuntanza, feita no bar Alex na Povoa de San Xiao, entre Láncara e o Páramo (centro do país)
Pois ben!, pasemos pois a relatarvos como fora esta XIV ; na cál houbo unha resolución:

“Saudamos ao povo galés e de Caerfyrddin e dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA acordamos proseguir os contactos a todos os niveis acadados nestes tempos”.

Proclamamos a Don Hixino Martins como Celta do Ano 2009 , quedando en facer unha recopilación da sua vida e obras, para a sua publicación no noso boletín interno: "Agardando a Breogán".
Presentamos unha escolma das accións realizadas neste ano:

Actuacións na Serra do Xistral – Os Penidos

Continúase coa edición mensal d'O Prado das Chantas, chegando ao número 58, editando un número especial en agosto “Especial Dartmoor”.
Celebráronse os VII Encontros anuais nos Penidos (O Valadouro), cos seus aspectos lúdicos e de investigación, e seguíronse realizando esporádicas visitas de estudo.
Acompañouse a persoal especializado na comprobación in situ dos elementos propiciatorios cara a declarar BIC o Dolmen de San Tomé (O Valadouro).
Realizouse unha visita guiada ás zonas máis relevantes acompañando dos reporteiros d'O PROGRESO, cara a realización dunha reportaxe para a edición do xoves 6 de agosto de 2009, saíndo neste especial de vrao na segunda e terceira páxina a dupla folla.

DENUNCIAS

A posíbel inclusión dun parque eólico no Chan da Caldeira, á entrada da península de Vares.
Destrución dunha mámoa no outeiro da Mourela, As Pontes, conxuntamente coa Plataforma de defensa do Patrimonio de As Pontes e ADEGA.
Verquido de refugallos infecciosos nos Penidos, O Valadouro.

O CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Realizouse un roteiro de tres tramos do camiño na Semán Santa.
Co gallo dos actos das Letras Galegas, o xoves 21 de Maio, convidado pola Asociación HUME das Pontes, Manu Camba realizou unha charla con diapositivas encol da totalidade do Camiño dos Arrieiros.

DIVERSOS LUGARES DO PAÍS

Zona do Monte Branco (Camariñas). Realizouse unha viaxe de estudo con posterior tracexado dun itinerario.


... Para acabar , realizando os seguintes acordos...

- Profundizar as nosas relacións con o país irmán de Portugal , programaránse visitas de estudo a Guimaraes, Lisboa (museu arqueológico)
- Abriránse novos frontes de traballo: S. Xoán de Mosteiro, A Barcia de Mera, Serra do Suido,
- Profundirazánse os estudos xá realizados: Outeiro sacro de Agreimunde ( O Páramo)
- Proxecto de rehabilitación da rede dos antigos camiños reais.
- Investigación do Camiño Real “dos Condes de Lemos”, cun itinerario ancestral dende Monforte a Asturias
- Chamamento para a realización de todo o Camiño dos Arrieiros ( 42 km dende As Pontes a Bares)..
- Realizaráse unha edición de fascículos de 20 páxinas, que baixo o título xenérico de “Clásicos do Celtismo Galego”, tentarán a recuperación dos ensaios sobre o celtismo e a Galiza a nível genérico.
- Investigación e Rexurdimento do GALAICO

Enterados de terse disolto en Caerfyrddin (Gales) o Comité de Irmanamento coas Pontes, ofrecéronse varias propostas , sendo algunhas das cales as seguintes:

1. Publicación dun comunicado
2. Míranse dun xeito prioritario as relacións persoais coa xente galesa involucrada, para que estes contactos non esmorezan e poidan ir evoluíndo.
3. Desenvolverase e daráselle carácter prioritario á web adicada ás relacións de Galiza con Cymru.
4. Seguirase editando a TRÍADA virtual

No eido ecolóxico acordáronse efectuar denuncia aos medios de comunicación encol do estado do Río Sarria e efectuar un estudo de limpeza dunha determinada parte de Galiza para enviar proposta ás Asociacións Ecolóxicas e Culturais.

No eido patrimonial, comentóuse da posiblidade de adquisición dun terreo, establecendo unha pequena comisión para facer un estudo dos lugares do país susceptíbeis dunha posíbel adquisición a nome da LCG. En canto se teña feito este estudo, convocarase aos círculos para unha visita aos lugares propostos.

Seguiráse a campaña de investigación do estado actual do patrimonio galaico e seguimento dos monumentos a declarar BIC por Patrimonio.

No eido etnográfico retomaráse a campaña informativa ás AAVV encol das festas céltigas e galaicas máis relevantes.
No eido das comunicacións evolucionaránse as webs e os blogs da LCG, establecendo a creación de novas canles.
... E xa por último estableceronse realizar un mínimo de cinco roteiros para o vindeiro ano polas terras de Bergantiños, As Nogais, As Pontes, O Xistral e Samos.

lunes, 21 de diciembre de 2009

MENSAXE DO NADAL DA LIGA CÉLTIGA GALAICA


Dende logo, definirnos como galegos e actuar como tales é cada vez mais complicado, polas moitas lecturas e comportamentos interesados que nos fan chegar dende fóra.

Ou dende dentro os “ entendidos” con gana de uniformizar todo o vivinte, ou polos moitos séculos que levan lavándonos o rebro pra que creamos que o de fóra é mellor e superior, teimando en que nós éramos atrasados en todo, acompañando en todo momento estes intereses con actos concretos para impoñernos paseniñamente un sentimento de culpa por sermos diferentes, e daquela facer que obráramos contra nós mesmos.

@s galeg@s somos depositarios dun legado cultural extremadamente rico, que está a esmorecer en moitos ámbitos, por razóns da negación e desprezo que veñen de lonxe ou porque a maré globalizadora no deixa moita cabida na sua supervivencia. Valerlle a ese legado, dignificalo e potencialo, non só é de xustiza cos nosos devanceiros, tamén é preciso na procura da nosa supervivencia como povo.

A nosa idiosincrasia está aí, rebeldes pero leais, complicados pero caviladores… todo un conxunto de métodos, ideas e comportamentos … avalados por un territorio e un idioma diferenciado que son a fachenda da península ibérica e asemade mostra vivinte dos “kelts*” que se definían diferentes e autónomos dende os seus territorios ben vertebrados, constituíndo os seus clans coas súas escalas sociais, sentían e dábanlle prioridade a aquelas cousas, maneiras, legado ao cabo, que aínda hoxe perduran na identidade de todos nós, e que aínda que os poderes alleos tratan de minorizar, deformar, desprestixiar e diluír, sempre, sempre estarán aí, pois evidencian o substrato céltigo da nosa cultura.
.
A Liga Céltiga Galaica dende a sua fundación en Compostela un 23 de novembro do 1996, vén traballando pra manter ao día ese legado que inmorrentemente nos deixaron e que vén sobrevivindo século tras séculos através das súas xentes máis sensíbeis e auténticas.
.
Nós non entendemos o celtismo como unha referencia nun momento determinado da nosa historia, xa que o que caracteriza aos países da Celtia non só é o pasado, tamén compartimos un percorrido histórico semellante cheo de intercambios até o presente.
Amais disto, os povos da Celtia soubemos sempre evoluír nun contexto non exento de adversidade e negación das nosas identidades.

O Celtismo definido aquí como unha serie de valores espirituais e inmorrentes que nos deron forma, xeito, motivo e forza pra existir como povo, hoxe representa pra o noso país unha clara referencia pra enderezar histórica e socialmente o seu rumbo.

O Povo Galego sempre mantivo acesa a faísca ou o lume dunha vontade de ser colectiva. Nós non entendemos o legado cultural dos devanceiros como un lastre do que cómpre desprenderse e si como unha posibilidade pra o futuro do País.

Por todo iso, a LCG vénse implicando non só na preservación e revitalización dos costumes e tradicións de orixe céltiga, comprometéndonos co afortalamento da nosa conciencia colectiva; senón tamén en mellorar as condicións de vida das nosas xentes creando alternativas e formulando propostas claras e reais.

Ese compromiso fainos constantes no noso percurso, e aquí, no noso Val (do mesmo xeito que noutras rexións galegas), mes a mes neste boletín.

Vaia pois esa mensaxe directa aos vosos corazóns : O afortalamento da nosa conciencia colectiva xunto co compromiso e a dignificación de todo aquilo que conleva a nosa existencia. Son principios dabondo pra crear ilusión, pra viver con alegría, fe e esperanza nunha Terra (Nazón) que nunca nos há virar as costas.

LIGA CÉLTIGA GALAICA


* Seguindo un criterio lingüístico, os territorios celtas son todos aqueles que comezan pola seguinte combinación fonética en latín:

1º consoante oclusiva gutural xorda/sonora (g/k)
2º vogais de abertura similar “a/e”
3º consoante alveolar líquida “l”

Resultado da evolución dende o termo grego “kelt” até os termos latinos: cal, gal, gael (atopamos esta evolución fonética no latín en Astvrica-Astorga, Lvcvs-Lugo ou Bracara-Braga) Neste caso atopariamos aos “galaicos” na Galiza, aos “galos” na Franza, aos “gálatas” na Turquía, aos “caledónios” na Escoza, aos “gaélicos” na Irlanda ou aos “galeses” no Principado do Gales (descoñecemos que vencellamento poden ter cos “celtae” as rexións de Galítzia na Poloña e Galilea na Palestina).

lunes, 14 de diciembre de 2009

Onte foi a cova de Chaves... mañán pode ser calqueira lugar desprezado na nosa terra

http://embedr.com/playlist/cueva-de-chaves-bastaras-huesca-expolio


Convidámosvos a ollar esta nova que denuncia a destrucción dún dos xacementos neolíticos máis importantes do estado : A Cova de Chaves (Huesca); destruído pola empresa propietaria da finca cinegética na que se atopaba; Fimbas SA, empresa que se creee pertenece a Vitorino Alonso, empresario leonés.

O mesmo tempo facémonos unha pregunta e unha reflexión:

A PREGUNTA: ... empresario leonés?... non sería o mesmo que quixo crear unha canteira de explotación NAS... MÉDULAS???

A REFLEXIÓN: Tanto poder teñen estes magnates? que impunemente arrasan con todo o que é de todos?´

E OLLO!., onte fora en Huesca. mañán pode ser eiquí, no sitio menos impensado...

Porque eles teñen ollos e xente que fai estudos e vixila o terreno, na procura DUN LUGAR ESPECIAL, PERO DESPRECIADO POLOS SEUS HABITANTES.

lunes, 7 de diciembre de 2009

DIRECTORIO DA LIGA CÉLTIGA GALAICA

ENDEREZO OFICIAL LCG

ligaceltigalaica@gmail.com

PÁXINAS ACTUAIS DA LCG ( Actualmente o acceso non é permitido polo seu dono)

www.iespana.es/ligaceltigagalaica
www.iespana.es/arrieiros
www.iespana.es/penidos

BLOGUES ACTUAIS DA LCG:

NOTICIAS DA LIGA CÉLTIGA GALAICA
http://ligaceltigagalaica.blosgspot.com/

IRMANDADE GALEGA CON CARMARTHEN
http://galizacaerfyrddin.blogspot.com/

AFINIDADES ENTRE DARTMOOR E A SERRA DO XISTRAL
http://dartmoorexistral.blogspot.com/

DRUIDAS GALEGOS
http://druidas.blogspot.com/
OS MONTES DO PINDO
http://olimpocelta.blogspot.com/

ESTADO ACTUAL DO PATRIMONIO MEGALÍTICO GALEGO
http://nosopatrimoniomegalitico.blogspot.com

O CAMIÑO DOS ARRIEIROS
http://caminhodosarrieiros.blogspot.com/

AS VIAXES CÉLTIGAS
http://asviaxesceltigas.blogspot.com/

En preparación:

VILAS HISTÓRICAS GALAICAS

Publicacións actuais da LCG:

1. As catro festividades céltigas
2. Samain…………………… En preparación números correspondentes a “Agreimunde”, “Chozos do Suído”, e “Castro de Donón”.
3. O Camiño dos Arrieiros…. Edición do 1 ao 10. Actualmente parada.
4. O Prado das Chantas ……...Actualmente no número 56.
5. O Prado das Chantas virtual. Edición en cor. Actualmente no número 56.
6. Agardando a Breogán virtual . Edición en cor.
7. Tríada Virtual. ………………Edición en cor, encol das relacións con Cymru.