Nin que decir tén que despóis das xuntanzas houbera celebracións!!
.. e por todo o alto!!
Na primeira foto, a terceira xuntanza, feita no Bar San Pedro, no Valadouro.(norte do país)
Na segunda foto, a segunda xuntanza, feita na Casa dos Druidas, en Vilaboa do Morrazo.(sul do país)
Na terceira foto, a primeira xuntanza, feita no bar Alex na Povoa de San Xiao, entre Láncara e o Páramo (centro do país)
Pois ben!, pasemos pois a relatarvos como fora esta XIV ; na cál houbo unha resolución:
“Saudamos ao povo galés e de Caerfyrddin e dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA acordamos proseguir os contactos a todos os niveis acadados nestes tempos”.
Proclamamos a Don Hixino Martins como Celta do Ano 2009 , quedando en facer unha recopilación da sua vida e obras, para a sua publicación no noso boletín interno: "Agardando a Breogán".
Presentamos unha escolma das accións realizadas neste ano:
Actuacións na Serra do Xistral – Os Penidos
Continúase coa edición mensal d'O Prado das Chantas, chegando ao número 58, editando un número especial en agosto “Especial Dartmoor”.
Celebráronse os VII Encontros anuais nos Penidos (O Valadouro), cos seus aspectos lúdicos e de investigación, e seguíronse realizando esporádicas visitas de estudo.
Acompañouse a persoal especializado na comprobación in situ dos elementos propiciatorios cara a declarar BIC o Dolmen de San Tomé (O Valadouro).
Realizouse unha visita guiada ás zonas máis relevantes acompañando dos reporteiros d'O PROGRESO, cara a realización dunha reportaxe para a edición do xoves 6 de agosto de 2009, saíndo neste especial de vrao na segunda e terceira páxina a dupla folla.
DENUNCIAS
A posíbel inclusión dun parque eólico no Chan da Caldeira, á entrada da península de Vares.
Destrución dunha mámoa no outeiro da Mourela, As Pontes, conxuntamente coa Plataforma de defensa do Patrimonio de As Pontes e ADEGA.
Verquido de refugallos infecciosos nos Penidos, O Valadouro.
O CAMIÑO DOS ARRIEIROS
Realizouse un roteiro de tres tramos do camiño na Semán Santa.
Co gallo dos actos das Letras Galegas, o xoves 21 de Maio, convidado pola Asociación HUME das Pontes, Manu Camba realizou unha charla con diapositivas encol da totalidade do Camiño dos Arrieiros.
DIVERSOS LUGARES DO PAÍS
Zona do Monte Branco (Camariñas). Realizouse unha viaxe de estudo con posterior tracexado dun itinerario.
... Para acabar , realizando os seguintes acordos...
- Profundizar as nosas relacións con o país irmán de Portugal , programaránse visitas de estudo a Guimaraes, Lisboa (museu arqueológico)
- Abriránse novos frontes de traballo: S. Xoán de Mosteiro, A Barcia de Mera, Serra do Suido,
- Profundirazánse os estudos xá realizados: Outeiro sacro de Agreimunde ( O Páramo)
- Proxecto de rehabilitación da rede dos antigos camiños reais.
- Investigación do Camiño Real “dos Condes de Lemos”, cun itinerario ancestral dende Monforte a Asturias
- Chamamento para a realización de todo o Camiño dos Arrieiros ( 42 km dende As Pontes a Bares)..
- Realizaráse unha edición de fascículos de 20 páxinas, que baixo o título xenérico de “Clásicos do Celtismo Galego”, tentarán a recuperación dos ensaios sobre o celtismo e a Galiza a nível genérico.
- Investigación e Rexurdimento do GALAICO
Enterados de terse disolto en Caerfyrddin (Gales) o Comité de Irmanamento coas Pontes, ofrecéronse varias propostas , sendo algunhas das cales as seguintes:
1. Publicación dun comunicado
2. Míranse dun xeito prioritario as relacións persoais coa xente galesa involucrada, para que estes contactos non esmorezan e poidan ir evoluíndo.
3. Desenvolverase e daráselle carácter prioritario á web adicada ás relacións de Galiza con Cymru.
4. Seguirase editando a TRÍADA virtual
No eido ecolóxico acordáronse efectuar denuncia aos medios de comunicación encol do estado do Río Sarria e efectuar un estudo de limpeza dunha determinada parte de Galiza para enviar proposta ás Asociacións Ecolóxicas e Culturais.
No eido patrimonial, comentóuse da posiblidade de adquisición dun terreo, establecendo unha pequena comisión para facer un estudo dos lugares do país susceptíbeis dunha posíbel adquisición a nome da LCG. En canto se teña feito este estudo, convocarase aos círculos para unha visita aos lugares propostos.
Seguiráse a campaña de investigación do estado actual do patrimonio galaico e seguimento dos monumentos a declarar BIC por Patrimonio.
No eido etnográfico retomaráse a campaña informativa ás AAVV encol das festas céltigas e galaicas máis relevantes.
No eido das comunicacións evolucionaránse as webs e os blogs da LCG, establecendo a creación de novas canles.
... E xa por último estableceronse realizar un mínimo de cinco roteiros para o vindeiro ano polas terras de Bergantiños, As Nogais, As Pontes, O Xistral e Samos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario