viernes, 26 de diciembre de 2008

NESTAS DATAS POTENCIEMOS O APALPADOR!!!


... EN PRINCIPIO DENEGARON O PROIECTO EÓLICO DA CHAIRA DA CALDEIRA EN VARES.

Parece ser que dentro dos proiectos admitidos a trámite pola XUNTA, e polo momento non vai haber máis Parques Eólicos que os aprobados.

Mais os poderosos terratenientes metidos a empresarios que non conqueriron que os seus proxectos foran aprobados, xá terán metidos nos Xulgados as suas correspontentes e abultadas demandas, cantadas polos seus xornais e voceiros ... cánto diñeiro gastarían para desgastar e culpabilizar a Fernando Blanco e o BNG a través da VOZ e outros afíns????

Esas xentes sen escrúpulos que non lles tembla o pulso de asinar un proxecto eólico que borre restos arqueolóxicos de vital importancia, ouque ocupen lugares privilexiados , alterando o medioambente e violando sistemáticamente as leises aprobadas de Lugares protexidos.

UNHA BOA NOVA: Dentro dos proiectos denegados figura o da Sociedade de Punta Maeda, de construir un parque eólico na Chaira da Caldeira, na entrada de Vares. Para nós, pra a LCG é un pequeno triunfo despóis de ter loitado para botar por terra este proiecto intransixente.

CONCURSO EÓLICO: ADMITIDOS A TRÁMITE PROXECTOS DE 29 GRUPOS

A Xunta controlará o 14,2% do capital eólico concedido.

Un total de 325,74 megavatios do conxunto de 2.290 outorgados por Industria quedarían baixo control da administración, xerando 30 millóns por ano.

En detalle: Até 2.290,72 MW para 78 proxectos de 29 promotores
A iniciativa vencellada ao traslado de Ence queda fóra
Empurrón ao "gran proxecto lácteo" do país

Un 14% de cota pública nos parques eólicos e a previsión de até 8 mil postos de traballo a crear froito dos proxectos industriais asociados, cun investimento previsto de 1.357 millóns de euros, ademais de 2.744 millóns para o despregue dos propios parques e 3.100 traballos xerados pola propia construción destes.
Son as cifras principais que achegou este venres a saída á luz pública da resolución da comisión de valoración do concurso eólico. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o conselleiro de Industria, Fernando Blanco, compareceron para a presentación do detalle das concesións.

Quintana destacou o peso que a Xunta adquire, o 14,2%, 325 MW, serán cedidos á Xunta, o que xeraría até 30 millóns de euros anualmente para a caixa pública. "Por primeira vez a explotación dun recurso natural de Galiza redunda en beneficio dos cidadáns deste país", afirmou o vicepresidente. Quintana insistiu na "transparencia" do proceso que, na súa opinión, foi "radiado, televisado e comentado" amplamente. "Facemos historia tamén pola transparencia e publicidade", insistiu. Pola súa banda, o conselleiro de Industria destacou o impacto que terá o proceso "nun contexto como o actual de crise económica", salientando as perspectivas industriais asociadas.

En declaracións posteriores á Radio Galega, Fernando Blanco falou dun "cambio sustantivo e transformador" e asegurou que non hai dúbidas sobre a seguridade xurídica. O conselleiro tamén chamou a atención sobre o investimento que se derivará aos concellos afectados polos parques. Así, desa media do 14% de cota pública, o Goberno promete destinar catro de cada dez euros ingresados nese apartado polo Instituto Enerxético de Galicia a obras concretas pactas cos gobernos locais. Ademais, o 10% irá para as comunidades de montes e entre un 1 e un 3% a propietarios de montes.

Os principais beneficiarios Eólica Galenova: 235 megavatios (Reúne a Caixanova e o grupo Elecnor) Aucosa Eólica: 216 MW (Iniciativa promovida por varios grupos conserveiros) Ventos Cooperativos: 192 MW (Reúne as principais cooperativas leiteiras do país: Feiraco, Icos, Irmandiños, Colaga) Norvento Eólica e Norvento: 172,8+21 (Caixa Galicia) Fisterra Eólica: 174 MW (Endesa) Puentegasa: 173,4 MW Ventauría Enerxía Rural: 160,2 MW Enerxías Renovables de Galicia: 142 MW (Vencellado ao construtor Jacinto Rey, do grupo San José)

UNHA REPORTAXE DE VIEIROS

miércoles, 17 de diciembre de 2008


UN PAIS DE ARQUITECTOS DENDE HAI SÉCULOS

Airas, eiras, alpendres, alvarizas, batáns, capelas, casas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, lavadoiros, muiños, oleiras, ouriceiras, palcos, palleiras, palleiros, pallozas, pendellos, pesqueiras, pombais, pontes, pontellas, pasadoiros, pozos, sequeiros, socalcos, telleiras, valados, petos de ánimas e cruceiros. Un país cun millón de topónimos, de microtopónimos, e cun millón de tesouros de pedra, algúns con séculos de historia e fundidos hoxe coa paisaxe. Un grupo sobre arquitectura tradicional galega creado na rede social de intercambio de fotografías Flickr superou as dúas mil imaxes. A iniciativa, impulsada, entre outros, polo responsábel da web Cultura Popular de Sandiás, xa conta con 328 membros.As imaxes recollen e documentan un país de arquitectos, que dende sempre soubo construír os espazos humanos con elementos funcionais pero dotados xaora dunha innegábel beleza e valor estético, vistos coa ollada actual. Uns elementos respectuosos co medio natural e hoxendía decote confundidos con el. Como escribiron os Ronseltz, Galiza, todo na miña terra é paisaxe excepto traxe, paxe e garaxe.
Redac. Vieiros

martes, 16 de diciembre de 2008


A XUNTA APROBA DECLARACIÓN DE PAISAXE PROTEXIDA OS PENEDOS DE PASARELA E TRABA

A declaración implica a posta en marcha de accións encamiñadas a rexenerar o espazo, reforestar con especies autóctonas e propiciar iniciativas de posta en valor da zona desde o punto de vista da sustentabilidade. A Xunta opta pola figura menos ríxida para súa conservación.

O Consello da Xunta aprobou hoxe a declaración como paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, nos concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe, co fin de dotar dunha figura de protección a singularidade natural, estética e o valor científico deste espazo. Esta declaración implica a realización de accións encamiñadas a rexenerar espazos naturais, reforestar certas áreas con especies autóctonas e propiciar iniciativas de posta en valor da zona desde o punto de vista da sustentabilidade.O macizo de Pasarela e Traba está constituído por un conxunto de elevacións graníticas, nunha superficie de 212 hectáreas, entre os concellos coruñeses de Vimianzo e Laxe. A combinación e encadeamento de formas graníticas xeran un espazo singular, sendo esta característica a que leva a pór en marcha unha política de protección integral dos penedos. Esta paisaxe, ten ademais un enorme valor científico xa que permiten coñecer cal foi a evolución da zona e, consecuentemente, como se pode someter aos instrumentos de planificación ou plans de conservación.Esta é a segunda aprobación como paisaxe protexida trala declaración o pasado 13 de novembro no Consello da Xunta do Val do río Navea, comprendido entre os municipios de San Xoán de Río e A Pobra de Trives, en Ourense.Estas declaracións, previstas na Lei 9/2001 de conservación da natureza, avanzan na aplicación da Lei de protección da paisaxe, aprobada este ano pola Xunta, que ten como obxectivo recoñecer xuridicamente a paisaxe e promover políticas para a súa conservación, protección, xestión e ordenación, servindo como marco de referencia para todas as lexislacións, plans e programas que poden influír dalgún xeito na modificación, alteración ou transformación das paisaxes, e, en especial, cando afecten espazos de alto valor natural e cultural.Esta norma, que ten os seus principios inspiradores no Convenio Europeo da Paisaxe, aprobado en Florencia no ano 2000 por proposta do Consello de Europa; incide na necesidade dun réxime de protección dirixido expresamente á conservación das paisaxes, como espazos que polo seus valores singulares merecen unha preservación especial.A protección dos Penedos de Pasarela e Traba suporá a busca do mantemento dunhas prácticas de carácter tradicional que contribúan á conservación e preservación dos valores e recursos naturais da zona. A súa xestión, a cargo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, terá como obxectivos a conservación e protección da paisaxe, en especial dos penedos, fomentar o coñecemento e o respecto da zona, promover a realización de programas de investigación e de educación ambiental, así como un desenvolvemento económico e turístico da zona que sexa respectuoso co ambiente.Por isto, calquera entidade que promova un proxecto de obras ou infraestruturas na zona deberán presentar na avaliación de impacto ambiental, un estudo de impacto e integración paisaxística.A Consellería de Medio Ambiente elaborará, ademais, un plan de acción específico para os Penedos de Pasarela e Traba, encamiñado á protección do contorno paisaxístico e a aplicación das medidas necesarias para a posta en valor e rexeneración da zona, así como o seu desenvolvemento sostible.A Consellería do sr. Vázquez, escolle a figura de Paisaxe Protexida por seres a figura menos restrictiva. esta é unha das opcións ao entender que a Figura "Monumento Natural" é moi ríxida e así dar unha aparente política de protección, pro sen atarse as mans frente aos concellos e veciños reacciós a pertencer a un espazo natural protexido, evitando así o rexeite social

CONVOCADOS PARA XOGAR NO NOME DE GALIZA

Xa se coñecen as convocatorias das seleccións irmandiñas
Este martes déronse a coñecer as convocatorias para os partidos que as seleccións masculina e feminina disputarán os días 27 e 28 de Decembro.

As xogadoras chamadas por Pili Neira para formar parte do equipo feminino son as seguintes:Ana Rosa Durán (Olivo)Cristina Lago (Olivo)Carla González (Pontevedra)Verónica Boquete (Espanyol)Mónica Naval (Atlético Arousana)Carolina Baños (Atlético Arousana)Mirian Ríos (Orzán)Sara González (L´Startitt)Mirian Domínguez (L´Startitt)Mari Paz Vilas (Barcelona)Vanesa Hermida (Espanyol)Joana Montouto (Espanyol)María Teresa Soage (Pontevedra)Victoria Vázquez (Olivo)Rita Lema Traba (Galicia Gaiteira)Anair Lomba Álvarez (Olivo)Os xogadores chamados por Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez son os seguintes:Diego López (Villareal)Roberto Fernández (Osasuna)Iago Bouzón (Recreativo de Huelva)Roberto Lago (Celta)Adrián López "Piscu" (Deportivo)Francisco Noguerol (Celta)Michel Salgado (Real Madrid)Borja Fernández (Valladolid)Jonathan Aspas (Piacenza)Luis Castro, "Sito" (Salamanca)Ricardo Cabanas (Grasshoppers)Pablo Álvarez (Deportivo)Julio Álvarez (Almería)Fernando Macedo, "Nano" (Racing de Ferrol)Roberto Trashorras (Celta)Iago Falqué (Juventus)Emilio Viqueira (Recreativo de Huelva)Borja Oubiña (Celta)Roberto "Chino" Losada (Lugo)Diego Castro (Sporting de Xixón)Jonathan Pereira (Racing de Santander)Nacho Novo (Glasgow Rangers)

A VIA GALEGA PARA VENDER CULTURA NO EXTERIOR

A nova web conterá as informacións das marcas GalicianTunes (música), GalicianBooks (literatura), así como de cinema, artes visuais e escénicas.

"Nun mundo globalizados necesitamos crear un discurso propio para que se nos escoite". Así defendeu Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, a necesidade de apoiar a comercialización no exterior das creacións culturais galegas. E para vender cómpre ter unha marca. GalicianTunes para a música, GalicianBooks para a literatura, GalicianArt para as artes visuais, Galician Shows para as artes escénicas e Galician Films para o audiovisual. E todos baixo un único paraugas, unha etiqueta única que vehiculizará toda a estratexia de internacionalización da cultura galega: The Galician Way, a vía galega, o xeito galego de ver o mundo.A nova web servirá de contedor para todas as novidades e eventos que se sucedan en cada das cinco liñas de proxección. Unha maneira de simplificar, de facilitar o traballo a todas as persoas interesadas, dende o exterior, na cultura galega.

Á PROCURA DE PARQUES EÓLICOS VIA MADRID E DE COSTAS Á XUNTA

O Senado aproba instar o goberno español a non autorizar os parques de máis de 50 MW que teñan informes desfavorábeis da Xunta.

Endesa é un dos exemplos das operadoras do sector eléctrico que están aproveitando o marco lexislativo actual para tratar de rabuñar cota eólica sen pasar a peneira da Xunta e as correspondentes obrigas económicas con Galiza. Segundo está estabelecido na actualidade, no caso dos parques de muíños de vento de máis de 50 megavatios, a autorización segue o trámite xeral do sector eléctrico, polo cal neste caso a decisión sobre a concesión ou non correspóndelle ao goberno español. Malia que co despregue dun parque desa dimensión verían recortada a prima económica por xeración de enerxía renovábel, empresas como Endesa recolleron os proxectos presentados para áreas concretas en forma individualizada e leváronos a Madrid como macroproxecto superior a 50 MW. Deste xeito, saltarían por riba da Consellaría de Industria trasladándolle a decisión ao Ministerio de Industria. Sobre o asunto debateu este luns a comisión de Industria do Senado, onde o nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza levaba unha iniciativa do BNG en contra dese proceder empresarial. Deste xeito, a comisión aprobou que o goberno español "teña en contra os informes desfavorábeis emitidos pola Xunta de Galiza e non autorice a instalación de parques eólicos de máis de 50 megavatios en Galiza". Pérez Bouza insistiu en que debe ser a Xunta quen "asuma e centralice" as autorizacións de todo tipo de aproveitamentos enerxéticos, independentemente da "necesaria coordinación a nivel estatal". O senador do Bloque referiuse en concreto aos proxectos de Endesa e de Estela Eólica, que contemplan a instalación tamén de parques eólicos mariños na costa.

QUEIMADA EN DUBLIN

Este domingo 14 de decembro, Seomra Spraoi organiza unha tarde galega no seu centro social en Dublín a partir das catro da tarde. O evento incluirá comida tradicional galega, videos, unha charla sobre a historia de Galicia e Queimada. Seomra Spraoi é un centro social independente situado en 10 Belvedere Court, Dublín 1. O centro organiza talleres, reunións e diversos eventos culturais sen ánimo de lucro

lunes, 15 de diciembre de 2008


CELEBRÓUSE A XIII ASEMBLEIA XERAL

A LIGA CELTIGA GALAICA celebrou a sua XIII Asembleia Xeral, acordando entre outros puntos aprobados o do estudo e recuperación do antergo idioma céltigo que se falaba denantes dos románs, declarar celta do ano o pioneiro da causa celtista e galeguista Fuco Gomez, revisión e seguimentos dos monumentos declarados BIC e de investigación do estdo actual do patrimonio galaico asi como establecer criterios de medidas de presión xunto coa petición de dimisión do Director Xeral de Patrimonio Felipe Arias e da Conselleira de Cultura Anxela Bugallo .

Tamén iniciarán unha campaña para a repatriación do patrimonio galaico como a DIADEMA DE RIBADEO, fomentar as relación de todo tipo co norte de Portugal, seguir revitalizando os Camiños Reais, nomeadamente o de Samos e o Camiño dos Arrieiros, apoiar as iniciativas comerciais tendentes á potenciación do Tartán e a Saia Galaica, retomar os traballos dos lugares sospeitosos de ter sido alcumados MEDULIO, anovar o rito da queimada, creación dunha enciclopedia virtual talega e unha biblioteca virtual.

domingo, 12 de octubre de 2008


PAISES PARTICIPANTES NO DERRADEIRO ANO. É UN MAPA PARA O RECORDO , PORQUE OMITIRON ÚN, O NOSO; QUE NON PARTICIPARA PORQUE A ALGÚNS PERSOEIROS GALAICOS ENTRÁRALLES A FOBIA E A ANGURIA DE PERTENECER A UN PAIS CÉLTIGO E ATLÁNTICO COMO O SEU : A GALIZA.

POR FIN GALIZA PARTICIPA NO GRUPO "CELTIC CONNECTIONS"!!

Coa participación do noso país na Semana Europea das Rexións e das Cidades Open Days búscase "impulsar o peso das rexións a nivel europeo", así como "o intercambio de boas prácticas e experiencias en eidos como o cambio climático, o desenvolvemento tecnolóxico ou a cooperación territorial", sinalou esta semana o secretario xeral de Relacións Exteriores, Xulio Fernández Mato.

É neste camiño que a Xunta xestionou a participación de Galiza na promoción e organización de diversos actos de tipo cultural de aquí a 2009 -"aínda por decidir", apuntan dende a secretaría xeral-, ao abeiro do consorcio Celtic Connections.

O grupo, composto por diversas rexións e nacións europeas, ten un carácter informal -é dicir, carece de consideración xurídica. Formouse de xeito puntual para as xornadas Open Days, que organizan cada ano en Bruxelas o Comité das Rexións da UE, a Comisión Europea e grupos determinados de rexións. A iniciativa xurdiu de Gales, un dos países máis entusiastas con esta colaboración intercéltica, segundo confesan dende a Fundación Galicia Europa, que este ano estivo por vez primeira nas xuntanzas de Celtic Connections.

Dende 2007, ademais de Gales, participan tamén Irlanda (coas denominación de Rexións de Irlanda e Irlanda do Norte), Escocia, Norte de Portugal (Norte), Asturias, Gales, Bretaña e Cornwall (Sudoeste do Reino Unido).

Daquelas, Galiza non formara parte por unha "decisión política" do anterior secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino, que dimitiu pouco antes do comezo dos Open Days dese ano.

Cen mil topónimos irlandeses en liña

O traballo foi froito de anos de investigación do Dublín City University.

Unha nova web, Logainm.ie, recolle 100 mil topónimos irlandeses, a escrita e pronunciación correcta, así como a orixe de todos eles. A paxina presentouse en Dublín tras anos de investigación por parte de Fiontar, a unidade de estudo do idioma irlandés de Dublín City University (DCU).
"A maioría dos topónimos do país son irlandeses en orixe, pero a través da historia e co declive do idioma irlandés como lingua vernacular, moitos dos nosos topónimos téñense convertido en versións anglófonas do nome orixinal", dixo o ministro para asuntos dos Gaeltacht, Éamon Ó Cuív, que espera que a paxina sexa unha referencia útil para estudantes, mestres, xornalistas, tradutores e todos aqueles interesados no estudo do idioma irlandés.
Só no mes de setembro, a paxina tivo 250 mil visitantes. O traballo de Fiontar continúa, xa que o grupo espera engadir novos recursos multimedia interactivos e aumentar o numero de topónimos nos próximos anos.

miércoles, 18 de junio de 2008

A CULTURA MARÍTIMA GALAICA INVITADA DE HONRA NA BRETAÑA

Galiza é este 2008 convidada de honra no principal evento internacional da cultura marítima, que ten lugar entre o 11 e o 17 de xullo na Bretaña francesa: a Festa Marítima Internacional de Brest.

A nosa terra goza, como convidada, da compaña doutros países de forte tradición marítima: Croacia, Noruega, Madagascar e Vietnam. Un merecido recoñecemento para o noso país - primeira nación que non é estado que acode á Festa - , lugar de referencia dentro da Península Ibérica na organización de encontros de embarcacións tradicionais desde 1993 e posuidor dun inmenso patrimonio vinculado ao mar e aos ríos.

Arredor dun millón de visitantes poderán coñecer as nosas tradicións mariñeiras e embarcacións senlleiras, a nosa música e a nosa gastronomía.

Pero Brest é tamén un excelente lugar para dar a coñecer internacionalmente o conxunto da identidade e da cultura de Galiza como país.

A programación diaria que terá lugar no Village Galice, cobrará especial importancia o 16 de xullo, o Día de Galicia dentro da Festa.A participación de Galiza como país convidado de honra na Festa Marítima Internacional de Brest 2008 é un proxecto da Consellaría de Cultura e Deporte e da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

PARA MÁIS INFORMACIÓN IDE A

http://www.galiciaenbrest.org

PROGRAMA FESTIVAL CELTA DE ORTIGUEIRA 2008

Os catro días de concertos levarán a Ortigueira a perto de 25 formacións musicais, sendo gratuítos todos os concertos.

O carácter internacional do Festival queda claro se temos en conta que os grupos proceden de doce países, cunha presenza protagonista para as bandas galegas, encabezadas por Sondeseu, Fía na Roca, Uxía ou Xochilmica.

De fóra chegarán históricos da música celta como os irlandeses Moving Hearts e The Dubliners ou os escoceses Boys of the lough.

Tamén destaca a presenza de formacións de primeira liña, non encadradas exactamente na chamada música celta, como os finlandeses Värttinä, ou a sorprendente formación berlinesa 17 Hippies.

Haberá espazo igualmente para formacións novas, por exemplo do debú dos percusionistas de Odaiko e os concertos que terán lugar polas tardes no Escenario Runas, por onde pasarán oito bandas emerxentes de todos os países da Península Ibérica.

Os concertos abriranse o xoves 10, cunha Noite de Foliada, protagonizada pola música galega de Malvela, Xochilmica e a Banda das Crechas.

Todas as actuacións (agás as do Proxecto Runas) terán lugar no Escenario Estrella Galicia a partir das dez da noite.

Programa completo:

Xoves 10 Malvela (Galiza)Xochilmica (Galiza)Banda das Crechas (Galiza)

Venres 11 Escola de Gaitas de Ortigueira (Galiza)Sondeseu (Galiza)Värttinä (Finlandia)17 Hippies (Alemaña)

Sábado 12National Youth Pipe of Scotland (Escocia)Fía na roca (Galiza)Odaiko percussion group (Galiza)Moving Hearts (Irlanda)Boys of the lough (Escocia)

Domingo 13Uxía + invitados (Galiza)Eliseo Parra + Tactequeté (Castela-León)The Dubliners (Irlanda)

QUE O DISFRUTEDES!!!!!!!!!

sábado, 26 de enero de 2008

AGORA PODEDES ESCRIBIRNOS!!!

Acabamos de abrir unha conta de correo electrónico:

ligaceltigalaica@gmail.com

Agardamos polas vosas novas!!

Tarxeta Postal do Prado das Chantas

Tamén sacamos á venta a nosa primeira tarxeta postal, adicada ós Penidos do Valadouro, nomeadamente o Prado das Chantas, enorme asentamento do Neolítico.

Triptico doble do Camiño dos Arrieiros

Coma conclusión ós nosos traballos de investigación do Camiño Real, editamos un tríptico doble que o recolle, a través dos seus 21 tramos de 2-3 kms cada ún, e a modo de guieiro, detalladamente o total da ruta.

O punto de entrega do mesmo o situamos na Casa da Cultura "Casa Dopeso" de As Pontes.
Tamén volo podemos enviar ás vosas casas directamente.

Agardamos que nesta Semán Santa sexades quén de percorre-lo.