Airas, eiras, alpendres, alvarizas, batáns, capelas, casas, cerres, chozos, curros, fabricas de curtidos, ferrerías, fontes, fornos, hórreos, lavadoiros, muiños, oleiras, ouriceiras, palcos, palleiras, palleiros, pallozas, pendellos, pesqueiras, pombais, pontes, pontellas, pasadoiros, pozos, sequeiros, socalcos, telleiras, valados, petos de ánimas e cruceiros. Un país cun millón de topónimos, de microtopónimos, e cun millón de tesouros de pedra, algúns con séculos de historia e fundidos hoxe coa paisaxe. Un grupo sobre arquitectura tradicional galega creado na rede social de intercambio de fotografías Flickr superou as dúas mil imaxes. A iniciativa, impulsada, entre outros, polo responsábel da web Cultura Popular de Sandiás, xa conta con 328 membros.As imaxes recollen e documentan un país de arquitectos, que dende sempre soubo construír os espazos humanos con elementos funcionais pero dotados xaora dunha innegábel beleza e valor estético, vistos coa ollada actual. Uns elementos respectuosos co medio natural e hoxendía decote confundidos con el. Como escribiron os Ronseltz, Galiza, todo na miña terra é paisaxe excepto traxe, paxe e garaxe.
Redac. Vieiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario