A nova web conterá as informacións das marcas GalicianTunes (música), GalicianBooks (literatura), así como de cinema, artes visuais e escénicas.
"Nun mundo globalizados necesitamos crear un discurso propio para que se nos escoite". Así defendeu Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, a necesidade de apoiar a comercialización no exterior das creacións culturais galegas. E para vender cómpre ter unha marca. GalicianTunes para a música, GalicianBooks para a literatura, GalicianArt para as artes visuais, Galician Shows para as artes escénicas e Galician Films para o audiovisual. E todos baixo un único paraugas, unha etiqueta única que vehiculizará toda a estratexia de internacionalización da cultura galega: The Galician Way, a vía galega, o xeito galego de ver o mundo.A nova web servirá de contedor para todas as novidades e eventos que se sucedan en cada das cinco liñas de proxección. Unha maneira de simplificar, de facilitar o traballo a todas as persoas interesadas, dende o exterior, na cultura galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario