viernes, 12 de enero de 2018

OS TEMPOS SON CHEGADOS !!!



A LIGA CÉLTIGA GALAICA fica e ficará por sempre no corazón inmorrente deste povo atlántico, céltigo e audaz

Querida xente: 
Entre unhas cousas e outras, fumosvos demorando a constancia!!, 
          que como sabedes fora nula... máis que nula!!

... neste espazo onde a nosa LIGA CÉLTIGA  fora, foi e ainda é unha ferramenta , unha das moitas ferramentas que dispoñemos para amañar de vez este pais escravo en mans dos que se teñen creido que son os nosos amos: personaxes escuros das cavernas fomoriáns do pais dos ananos sen entrañas  que non só se creen na posesion da verdade absoluta, senón que argallan cada recanto da nosa terra como si fora totalmente deles.

Falando de ferramentas, hai pouco veu o seu berce unha ben potente; A REDE DO PATRIMONIO CULTURAL; un intento moi serio para non só protexer, senón para poñer en valor dunha vez por todas o noso patrimonio, e consecuentemente, o noso maltratado pais.

Unha ferramenta nova, moi ben levada dignamente por rapaces e rapazas  bés, xenerosos, consecuentes e sáns, onde a sua profesionalidade e bó facer daránnos satisfaccións e moitas alegrias doxe en diante. Damos fé deles.

Unha ferramenta en fin, na que todos deberemos coidar e potenciar.

Hai poucos, en novembro, tivemos unhas xornadas de dignificación do noso patrimonio inmorrente, onde a Liga estivo percorrendo algúns dos seus contados campos de traballo, chantando neles a bandeirola amarela que acordáramos para lembrarlle a nosa xente que eses lugares non só corren perigo de desaparecer ou transformarse, senón que siguen ninguneados e maltratados por "eses e aqueles" que todos nós coñecemos nesta aldeia grande á que pertenecemos.

Cambiaron moitas cousas dende aquela ano 2000 , de cando convocaramos as AAC do pais en Fingoi, Lugo; co ánimo de crear alí aquela MESA NACIONAL POLO PATRIMONIO GALEGO.
  A bó fé que cambiaron as cousas dende aquela, pero para ben, e creemos que xá definitivamente.
Non falamos do espectro politico e moito menos do social.  senón da nova xeneración que xá está entre nós en marcha , traballando a eito , investigando , publicando e poñendo en valor os seus anos de formación.
Neles  este maltratado pais confia, e nós con él.