domingo, 19 de diciembre de 2010

Xornada da Resistencia: Veleiquí os resistentes!!!



De min a triste Frouseira
que por traizón foi vendida
derrubada na ribeira
que xamais se viu vencida
Pranto da Frouseira

Cirimonia da Frouseira 1








A Frouseira é o único cacho de terra en Galiza e en toda a Península que non foi conquistada polos Reis Católicos. É o único cacho de terra “ceibe” e defendido por “galegos”. Defendeu o seu ata ser degolado. (...)
O pobo sinteuse totalmente identificado coa súa loita contra os opresores: o poder central e a igrexa. O sangue que derramou Pardo de Cela o 17 de decembro do 1483 foi un sangue que non secou senón que xermolou na alma do pobo coma sangue rebelde e de liberdade. Defensa rexa, traizón, apresamento e degolamento redimen a Pardo de Cela ante o pobo. (...)
Os reis tiñan coñecemento desta situación social tan “crítica”, por iso son dos que manteñen que Pardo de Cela foi degolado o “mes xusto”, o “día xusto” e no “momento xusto”. Uns días máis con Pardo de Cela vivo, Galiza podía estalar nunha gran revolta contra o Poder Real ¿Ficou aquí a derradeira independencia de Galiza? Puido ser.

Antón Meilán. Pardo de Cela e o nacionalismo galego.

Cirimonia na Frouseira. 2







Unha tarde de bandeiras ó vento, que tamén levara cara o noso Val esperanzas gardadas do saber conservar o legado dos nosos devanceiros, moitos deles mártires da sagrada causa da terra.

Cirimonia na Frouseira.







As fotos falarán por sí soas. Qué lectura facedes desta nosa xornada?... Nós respostaríamos cunhas cantas verbas contundentes:

-Ilusión
-Forza e dinamismo
-Gañas de cambiar as cousas
-Arelas de constituir pais , territorio.
-Fachenda de ser quenes somos.

Cirimonia no Castelo







De seguido chegáramos o Castelo de Alfoz, onde fixemos un segundo acto, unha segunda cirimonia esta vez acompanhados polos sons da terra. Tiveramos sorte polo tempo e pola luz, coma se eles , os nosos mártires; que de seguro estiveron alí, escoitándonos, intercederon para poder gozar desa luz intensa do solpor que prolongárase ate finalizar o acto. Moita xente quedóu sen poder vir, uns... " polo qué dirán", outros pola imposiblidade física, e outros pola negativa dos seus santos varóns ( de partido ou do que tenhades a ben pensar...), o caso é que alí estivemos este ano, e alí estaremos no vindouro.

jueves, 16 de diciembre de 2010

XORNADA DA RESISTENCIA GALAICA



A Liga Céltiga Galaica convoca prao sábado 18 de decembro a XORNADA DA RESISTENCIA GALAICA en conmemoración daquel 17 de decembro do 1483 no que a decapitación de Pardo de Cela supuxo o remate de máis de dous longos anos de resistencia na Frouseira contra o imperialismo da coroa castelá.

Lembramos e homenaxeamos aos galegos que loitaron contra o poder foráneo e a ocupación do territorio, converténdose en mártires da causa nacional galega. Os actos serán os seguintes:

13:00 h.: Xantar de confraternidade no Bar San Pedro (Mor-ALFOZ).
Cómpre apuntarse antes do xoves 16 no 600378363 ou no mensaxe2@hotmail.com.
16:00 h.: Acto na Frouseira: Lectura do “Manifesto da Liberdade” e máis dun texto enviado por Antón Meilán, quen desculpou a súa asistencia por estar de viaxe. Oferenda floral aos mártires.
18:00 h.: Acto no Castrodouro: Uns gaiteiros interpretarán a Marcha do Antigo Reino da Galiza na contorna do castelo.

A LCG anima a participar nestes actos de afirmación patriótica -de carácter aberto- pra que ningunha xerazón esqueza a loita dos nosos devanceiros por manter viva a identidade e a soberanía nacionais da Galiza.

Por outra banda, vén de publicarse o número 67 da revista O PRADO DAS CHANTAS, o cal corresponde ao mes de decembro. Amais das seccións habituais, o tema central deste número é a Xornada da Resistencia Galaica

II XORNADAS MOURAS




Os nosos amigos da AACC Plataforma de Defensa do Patrimonio de As Pontes organizaron dentro das suas II Xornadas Mouras un acto centrado no CAMINHO DOS ARRIEIROS. O final do mesmo quedamos todos bastante satisfeitos con o compromiso dunha continuidade cara a creación dunha serie de plataformas orientadas a recuperación deste caminho primitivo que a LCG vén loitando dende hai moitos anos.

ROTEIRO DA LANZADA. FOTO. - 1



Fora unha xornada soleada de inverno, onde xuntaramos un bó fato de inquedas persoas ávidas por conhecer os avatares das nosas antergas tradicións.
Para ise día acompanháranos o noso entranhabel FRANCISCO CARBALLO, que nos deu in situ unhas maxistrais pinceladas do seu saber, tocando as revoltas irmandinhas, e de rebote alguns temas mais que tocaran de cheo aqueles territorios hoxe visitados.
Nosos parabéns de cómo tenhen organizado a xente de ANDARELA estos roteiros. Moita xente intervíu nestes extensos turnos de palabras , e alí quedaron ideias e sentimentos espallados , xunto con unha mostra dos tesouros que fican debaixo nosa.

Agardamos por ese FESTIVAL IRMANDINHO DA LANZADA que se tén que dar, vencendo a férrea e pintoresca oposición da Igrexa á celebración desta festa.

Roteiro da Lanzada. fotos -2








Veleiquí unha mostra do roteiro que organizara galantemente a nosa amiga AACC Andarela de Sanxenxo. Unha pequena mostra dos tesouros que na Lanzada amosan un territorio que fora digno e que arestora enorgullécese do que tén, malia o crecente turismo atosigador nesta parte mítica da Galiza.
A cama da Santa é unha pena na beira do mar na que as parellas apareábanse antes-despois do rito da fecundación na praia de a carón ou "das nove ondas". O rito pervivéu e pervive todavía, aunque as agachadas como é fácil de comprender, tendo en conta que á Iglexa lle tén saído válidos que velan porque non haia alternativa .