viernes, 25 de diciembre de 2009

XIV ASEMBLEIA XERAL. Acordos






VELAHI TRES INSTANTÁNEAS DOS TRES ENCONTROS CELEBRADOS PARA DARLLE PULO A ESTA XIV ASEMBLEIA XERAL.
Nin que decir tén que despóis das xuntanzas houbera celebracións!!
.. e por todo o alto!!
Na primeira foto, a terceira xuntanza, feita no Bar San Pedro, no Valadouro.(norte do país)
Na segunda foto, a segunda xuntanza, feita na Casa dos Druidas, en Vilaboa do Morrazo.(sul do país)
Na terceira foto, a primeira xuntanza, feita no bar Alex na Povoa de San Xiao, entre Láncara e o Páramo (centro do país)
Pois ben!, pasemos pois a relatarvos como fora esta XIV ; na cál houbo unha resolución:

“Saudamos ao povo galés e de Caerfyrddin e dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA acordamos proseguir os contactos a todos os niveis acadados nestes tempos”.

Proclamamos a Don Hixino Martins como Celta do Ano 2009 , quedando en facer unha recopilación da sua vida e obras, para a sua publicación no noso boletín interno: "Agardando a Breogán".
Presentamos unha escolma das accións realizadas neste ano:

Actuacións na Serra do Xistral – Os Penidos

Continúase coa edición mensal d'O Prado das Chantas, chegando ao número 58, editando un número especial en agosto “Especial Dartmoor”.
Celebráronse os VII Encontros anuais nos Penidos (O Valadouro), cos seus aspectos lúdicos e de investigación, e seguíronse realizando esporádicas visitas de estudo.
Acompañouse a persoal especializado na comprobación in situ dos elementos propiciatorios cara a declarar BIC o Dolmen de San Tomé (O Valadouro).
Realizouse unha visita guiada ás zonas máis relevantes acompañando dos reporteiros d'O PROGRESO, cara a realización dunha reportaxe para a edición do xoves 6 de agosto de 2009, saíndo neste especial de vrao na segunda e terceira páxina a dupla folla.

DENUNCIAS

A posíbel inclusión dun parque eólico no Chan da Caldeira, á entrada da península de Vares.
Destrución dunha mámoa no outeiro da Mourela, As Pontes, conxuntamente coa Plataforma de defensa do Patrimonio de As Pontes e ADEGA.
Verquido de refugallos infecciosos nos Penidos, O Valadouro.

O CAMIÑO DOS ARRIEIROS

Realizouse un roteiro de tres tramos do camiño na Semán Santa.
Co gallo dos actos das Letras Galegas, o xoves 21 de Maio, convidado pola Asociación HUME das Pontes, Manu Camba realizou unha charla con diapositivas encol da totalidade do Camiño dos Arrieiros.

DIVERSOS LUGARES DO PAÍS

Zona do Monte Branco (Camariñas). Realizouse unha viaxe de estudo con posterior tracexado dun itinerario.


... Para acabar , realizando os seguintes acordos...

- Profundizar as nosas relacións con o país irmán de Portugal , programaránse visitas de estudo a Guimaraes, Lisboa (museu arqueológico)
- Abriránse novos frontes de traballo: S. Xoán de Mosteiro, A Barcia de Mera, Serra do Suido,
- Profundirazánse os estudos xá realizados: Outeiro sacro de Agreimunde ( O Páramo)
- Proxecto de rehabilitación da rede dos antigos camiños reais.
- Investigación do Camiño Real “dos Condes de Lemos”, cun itinerario ancestral dende Monforte a Asturias
- Chamamento para a realización de todo o Camiño dos Arrieiros ( 42 km dende As Pontes a Bares)..
- Realizaráse unha edición de fascículos de 20 páxinas, que baixo o título xenérico de “Clásicos do Celtismo Galego”, tentarán a recuperación dos ensaios sobre o celtismo e a Galiza a nível genérico.
- Investigación e Rexurdimento do GALAICO

Enterados de terse disolto en Caerfyrddin (Gales) o Comité de Irmanamento coas Pontes, ofrecéronse varias propostas , sendo algunhas das cales as seguintes:

1. Publicación dun comunicado
2. Míranse dun xeito prioritario as relacións persoais coa xente galesa involucrada, para que estes contactos non esmorezan e poidan ir evoluíndo.
3. Desenvolverase e daráselle carácter prioritario á web adicada ás relacións de Galiza con Cymru.
4. Seguirase editando a TRÍADA virtual

No eido ecolóxico acordáronse efectuar denuncia aos medios de comunicación encol do estado do Río Sarria e efectuar un estudo de limpeza dunha determinada parte de Galiza para enviar proposta ás Asociacións Ecolóxicas e Culturais.

No eido patrimonial, comentóuse da posiblidade de adquisición dun terreo, establecendo unha pequena comisión para facer un estudo dos lugares do país susceptíbeis dunha posíbel adquisición a nome da LCG. En canto se teña feito este estudo, convocarase aos círculos para unha visita aos lugares propostos.

Seguiráse a campaña de investigación do estado actual do patrimonio galaico e seguimento dos monumentos a declarar BIC por Patrimonio.

No eido etnográfico retomaráse a campaña informativa ás AAVV encol das festas céltigas e galaicas máis relevantes.
No eido das comunicacións evolucionaránse as webs e os blogs da LCG, establecendo a creación de novas canles.
... E xa por último estableceronse realizar un mínimo de cinco roteiros para o vindeiro ano polas terras de Bergantiños, As Nogais, As Pontes, O Xistral e Samos.

lunes, 21 de diciembre de 2009

MENSAXE DO NADAL DA LIGA CÉLTIGA GALAICA


Dende logo, definirnos como galegos e actuar como tales é cada vez mais complicado, polas moitas lecturas e comportamentos interesados que nos fan chegar dende fóra.

Ou dende dentro os “ entendidos” con gana de uniformizar todo o vivinte, ou polos moitos séculos que levan lavándonos o rebro pra que creamos que o de fóra é mellor e superior, teimando en que nós éramos atrasados en todo, acompañando en todo momento estes intereses con actos concretos para impoñernos paseniñamente un sentimento de culpa por sermos diferentes, e daquela facer que obráramos contra nós mesmos.

@s galeg@s somos depositarios dun legado cultural extremadamente rico, que está a esmorecer en moitos ámbitos, por razóns da negación e desprezo que veñen de lonxe ou porque a maré globalizadora no deixa moita cabida na sua supervivencia. Valerlle a ese legado, dignificalo e potencialo, non só é de xustiza cos nosos devanceiros, tamén é preciso na procura da nosa supervivencia como povo.

A nosa idiosincrasia está aí, rebeldes pero leais, complicados pero caviladores… todo un conxunto de métodos, ideas e comportamentos … avalados por un territorio e un idioma diferenciado que son a fachenda da península ibérica e asemade mostra vivinte dos “kelts*” que se definían diferentes e autónomos dende os seus territorios ben vertebrados, constituíndo os seus clans coas súas escalas sociais, sentían e dábanlle prioridade a aquelas cousas, maneiras, legado ao cabo, que aínda hoxe perduran na identidade de todos nós, e que aínda que os poderes alleos tratan de minorizar, deformar, desprestixiar e diluír, sempre, sempre estarán aí, pois evidencian o substrato céltigo da nosa cultura.
.
A Liga Céltiga Galaica dende a sua fundación en Compostela un 23 de novembro do 1996, vén traballando pra manter ao día ese legado que inmorrentemente nos deixaron e que vén sobrevivindo século tras séculos através das súas xentes máis sensíbeis e auténticas.
.
Nós non entendemos o celtismo como unha referencia nun momento determinado da nosa historia, xa que o que caracteriza aos países da Celtia non só é o pasado, tamén compartimos un percorrido histórico semellante cheo de intercambios até o presente.
Amais disto, os povos da Celtia soubemos sempre evoluír nun contexto non exento de adversidade e negación das nosas identidades.

O Celtismo definido aquí como unha serie de valores espirituais e inmorrentes que nos deron forma, xeito, motivo e forza pra existir como povo, hoxe representa pra o noso país unha clara referencia pra enderezar histórica e socialmente o seu rumbo.

O Povo Galego sempre mantivo acesa a faísca ou o lume dunha vontade de ser colectiva. Nós non entendemos o legado cultural dos devanceiros como un lastre do que cómpre desprenderse e si como unha posibilidade pra o futuro do País.

Por todo iso, a LCG vénse implicando non só na preservación e revitalización dos costumes e tradicións de orixe céltiga, comprometéndonos co afortalamento da nosa conciencia colectiva; senón tamén en mellorar as condicións de vida das nosas xentes creando alternativas e formulando propostas claras e reais.

Ese compromiso fainos constantes no noso percurso, e aquí, no noso Val (do mesmo xeito que noutras rexións galegas), mes a mes neste boletín.

Vaia pois esa mensaxe directa aos vosos corazóns : O afortalamento da nosa conciencia colectiva xunto co compromiso e a dignificación de todo aquilo que conleva a nosa existencia. Son principios dabondo pra crear ilusión, pra viver con alegría, fe e esperanza nunha Terra (Nazón) que nunca nos há virar as costas.

LIGA CÉLTIGA GALAICA


* Seguindo un criterio lingüístico, os territorios celtas son todos aqueles que comezan pola seguinte combinación fonética en latín:

1º consoante oclusiva gutural xorda/sonora (g/k)
2º vogais de abertura similar “a/e”
3º consoante alveolar líquida “l”

Resultado da evolución dende o termo grego “kelt” até os termos latinos: cal, gal, gael (atopamos esta evolución fonética no latín en Astvrica-Astorga, Lvcvs-Lugo ou Bracara-Braga) Neste caso atopariamos aos “galaicos” na Galiza, aos “galos” na Franza, aos “gálatas” na Turquía, aos “caledónios” na Escoza, aos “gaélicos” na Irlanda ou aos “galeses” no Principado do Gales (descoñecemos que vencellamento poden ter cos “celtae” as rexións de Galítzia na Poloña e Galilea na Palestina).

lunes, 14 de diciembre de 2009

Onte foi a cova de Chaves... mañán pode ser calqueira lugar desprezado na nosa terra

http://embedr.com/playlist/cueva-de-chaves-bastaras-huesca-expolio


Convidámosvos a ollar esta nova que denuncia a destrucción dún dos xacementos neolíticos máis importantes do estado : A Cova de Chaves (Huesca); destruído pola empresa propietaria da finca cinegética na que se atopaba; Fimbas SA, empresa que se creee pertenece a Vitorino Alonso, empresario leonés.

O mesmo tempo facémonos unha pregunta e unha reflexión:

A PREGUNTA: ... empresario leonés?... non sería o mesmo que quixo crear unha canteira de explotación NAS... MÉDULAS???

A REFLEXIÓN: Tanto poder teñen estes magnates? que impunemente arrasan con todo o que é de todos?´

E OLLO!., onte fora en Huesca. mañán pode ser eiquí, no sitio menos impensado...

Porque eles teñen ollos e xente que fai estudos e vixila o terreno, na procura DUN LUGAR ESPECIAL, PERO DESPRECIADO POLOS SEUS HABITANTES.

lunes, 7 de diciembre de 2009

DIRECTORIO DA LIGA CÉLTIGA GALAICA

ENDEREZO OFICIAL LCG

ligaceltigalaica@gmail.com

PÁXINAS ACTUAIS DA LCG ( Actualmente o acceso non é permitido polo seu dono)

www.iespana.es/ligaceltigagalaica
www.iespana.es/arrieiros
www.iespana.es/penidos

BLOGUES ACTUAIS DA LCG:

NOTICIAS DA LIGA CÉLTIGA GALAICA
http://ligaceltigagalaica.blosgspot.com/

IRMANDADE GALEGA CON CARMARTHEN
http://galizacaerfyrddin.blogspot.com/

AFINIDADES ENTRE DARTMOOR E A SERRA DO XISTRAL
http://dartmoorexistral.blogspot.com/

DRUIDAS GALEGOS
http://druidas.blogspot.com/
OS MONTES DO PINDO
http://olimpocelta.blogspot.com/

ESTADO ACTUAL DO PATRIMONIO MEGALÍTICO GALEGO
http://nosopatrimoniomegalitico.blogspot.com

O CAMIÑO DOS ARRIEIROS
http://caminhodosarrieiros.blogspot.com/

AS VIAXES CÉLTIGAS
http://asviaxesceltigas.blogspot.com/

En preparación:

VILAS HISTÓRICAS GALAICAS

Publicacións actuais da LCG:

1. As catro festividades céltigas
2. Samain…………………… En preparación números correspondentes a “Agreimunde”, “Chozos do Suído”, e “Castro de Donón”.
3. O Camiño dos Arrieiros…. Edición do 1 ao 10. Actualmente parada.
4. O Prado das Chantas ……...Actualmente no número 56.
5. O Prado das Chantas virtual. Edición en cor. Actualmente no número 56.
6. Agardando a Breogán virtual . Edición en cor.
7. Tríada Virtual. ………………Edición en cor, encol das relacións con Cymru.

sábado, 10 de octubre de 2009

ADICADO AS VILAS GALEGAS AFECTADAS:

Un povo tén que conquerir o respeto a forza de loitar colectivamente a prol de dignificar absolutamente tódolos cauces sociais e históricos que o definen.

Cando ese povo cae na desidia e “deixa facer” a forzas económicas foráneas, sen preocuparse polo ninguneo que os poderes económicos fan deles; estará en peligro , porque o seu futuro estará en mans alleas.

Mais iso, aunque de dificil solución, terá remedio, porque sempre haberá un camiño cando o povo fica unido a prol de defender a sua dignidade .

O que xá non será de recibo é cando:

... Cando ese povo cae no hastío de seu, e “deixa facer” do xeito máis impune as forzas i empresas locais, que eliminen e mesmo atenten contra os mobiliarios patrimoniais que lle dán nome e dignidade o seu propio povo.

- E QUE OS SEUS PROPIOS CONCELLEIROS E ALCALDES O CONSINTAN!!

AS PONTES: NOVO ATENTADO PATRIMONIAL












(Fotos cedidas xentilmente pola Plataforma de Defensa do Patrimonio das Pontes. No nome do povo galego rebelde e digno, moitísimas grazas!!).
Este vernes unha pala levantou parte da área de protección da mámoa GA15070127, no que queda da necrópolis da Mourela, levándose por diante parte da tumulación.
Parece que a impunidade total estáse extendendo a todos e a todos.
Todos acordamos da enorme pérdida que representóu - e non só para As Pontes- do Circulo Litico da Mourela.
Parece que o enorme monte sagrado da Mourela está gafado.:
Primeiro foi o atentado do Parque Empresarial... eran tempos de Amigos das Pontes
Despóis foi o ninguneo do mesmo monte... pésie a que dende a LIGA CELTIGA GALAICA chamara a atención ó grupo de goberno mediante a proposta do deseño dunha campaña de recuperación da memoria ancestral que incluía actuacións na Mourela, e a constitución dun Congreso Internacional da Cultura do Bronce e do Ferro.
Parece que aquél goberno (que por outra banda era toda unha esperanza para un povo) non estaba interesado nesto, posto que nin nos contestaran...
Logo veu a autovía e os seus intereses: pasaron por riba de todo e cargáronse o Circulo Litico da Mourela, non sen antes levarse os achádegos alí escavados. (Vaia por diante o noso recoñecemento a Xacobo e a Plataforma pola sua enorme labora).
AMIGOS, VEMOS QUE VAI SER NECESARIO IR A MOURELA A INVOCAR ÓS NOSOS DEUSES PARA REMEDIAR ESTA SITUACIÓN, E DE FEITO, DESGAFA-LO MONTE.
... E QUE OS QUE GOBERNAN AS PONTES DÉN ESE PASO ADIANTE PROMETIDO: A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN POLO PATRIMONIO.
SEÑORES DAS PONTES: A LIGA CELTIGA GALAICA NON ESQUECE O QUE PROMETERON.
E SI A CREAN: POR FAVOR, VALENTIN: QUE NON NAZCA MORTA!!




BEBE GALICOLA!!

Aqueles que renegan das multinacionais ao tempo que se refrescan cunha Coca-Cola xa poden poñer remedio aos seus problemas de conciencia.

A Asociación Cultural Fontaira vén de lanzar a alternativa galega ao refresco global: a Galicola. Desde este mes empezan a distribuíla por bares, centros sociais e tendas de alimentación de toda Galiza, nunha iniciativa que propón “unha oposición consciente á globalización e o capitalismo” e ten como fin último xuntar recursos para asociacións que traballen na defensa e normalización da lingua galega.

A Galicola estase comezando a distribuír en botellas de plástico de 33 centilitros. Embotellada nunha fábrica de bebidas galega, a cola do país non ten cafeína.

Por agora producíronse 5 mil unidades, que servirán para calibrar a demanda e “marcar próximas tiradas”, explica Paulo Tobío, un dos promotores da iniciativa. Estima que a final deste mes terán unha relación dos puntos de venda nos que se pode atopar, que publicarán na web do proxecto: galicola.org.

Apoio á lingua O lema da Galicola é “Sabor para a túa lingua”. A iniciativa non ten carácter lucrativo, polo que todos os beneficios que se xeren, descontados os gastos de produción e distribución, irán para a asociacións que traballen a prol da normalización do galego. Ademais, o 5% dos ingresos brutos destinaranse a este fin a través dun “fondo polo galego”.

Para determinar o destino dese fondo, a Asociación Cultural Fontaira convocou o concurso Ángelo Casal. Animan a entidades sen ánimo de lucro a que antes de final de ano envíen os seus proxectos para promover a lingua. A partir do 1 de xaneiro exporanse na web, os mellores serán escollidos por votación popular e o 17 de maio baleirarase o fondo para entregarlle os cartos ao mellor proxecto

O NOSO MAR EMPORCALLADO: ESIXIMOS UNHA RESPOSTA!!

Recollido de A NOSA TERRA-VIRTUAL:

Ó parecer é un punto autorizado por Fomento.

Denuncian o perigo dos verquidos na ría de Arousa

As plataformas en defensa das rías de Arousa e Vigo, a asociación pola defensa da ría de Pontevedra e sectores produtivos representados por diversas confrarías de pescadores e asociacións de mariscadores denunciaron a deterioración que sobre o ecosistema das rías está causando as verteduras que desde 1998 veñen realizado nun punto que se sitúa na boca da Ría de Arousa.



A zona na que diversos portos da ría arousá realizan estas verteduras foi autorizada para tal fin en 1998 polo Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex), organismo dependente do Ministerio de Fomento.

Os ecoloxistas calculan que neste tempo arroxáronse ao mar neste punto, situado a dúas millas da illa de Sálvora e a 3,5 millas da illa de Ons, unhas seis millóns de toneladas de verteduras de todo tipo, na súa maior parte procedente de dragados.

Estas verteduras poderían estar xerando, segundo os denunciantes, unha importante alteración no ecosistema das rías, xa que parte das sustancias verquidas ao mar son transportadas polas correntes a zonas do interior das rías e a outros puntos do litoral galego.

Os colectivos en defensa das rías presentaron hoxe unhas imaxes tomadas polo sónar dun pesqueiro nas que se aprecia que unha alteración importante do fondo mariño no punto onde existen as verteduras, no que existe unha profundidade de 95 metros. En concreto, apréciase a existencia unha "montaña" duns vinte metros de altura xerada pola acumulación de residuos.

Segundo as estimacións dos ecoloxistas esta montaña de verteduras pode conter ao redor de dous millóns de metros cúbicos de residuos. "Onde están os catro millóns de metros cúbicos restantes?" pregúntase o portavoz da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido.Rubido instou as administracións a que analicen a composición destas verteduras e cales poden ser as consecuencias que carrexen ao ecosistemas das zonas produtivas das rías galegas.

Os ecoloxistas e os sectores produtivos recoñeceron que as verteduras están autorizadas e son legais pero cualificaron de "disparate" que nas rías galegas se aplique unha normativa de carácter xeral para todo o litoral español. Na súa opinión, tanto polas súas características, como pola súa produtividade, as rías galegas deberían ter unha consideración propia que evitase este tipo de situacións.

Neste sentido anunciaron que lles proporán ás Administracións a creación dunha mesa de diálogo, "da que non se exclúa a ninguén", para propiciar a creación dunha normativa "que teña en conta a realidade das rías".Como primeira medida as asociacións proteccionistas e os sectores produtivos do mar solicitan unha moratoria que suspenda o máis axiña posíbel estas verteduras. Se non leva a cabo, os ecoloxistas anunciaron que estudarán a posibilidade de realizar unha denuncia desta práctica en Bruxelas.

Lixo na praia de Vares









Praia de Vares: desde o dia 11 de setembro ó 5 de Outubro estivemos vendo impasiblemente un continuo acumule de lixo , ate que fartámonos de ir tropezando cada poucos metros con algo; daquela escomenzamos as actuacións, establecendo un punto limpo no centro da praia e sinalizar aqueles focos susceptibles de tacto, como as medusas mortas .
Inda o mar devolvera un enorme pez -globo, mais parabéns , porque voltara ó mar: a resaca levárano de novo para alimento dos seus habitantes mariños.
Xa na derradeira semán de setembro adicámonos a protexer e sinalizar o punto limpo , para que alguén viñera a leva-lo.
Por alí pasaron diariamente xentes do povo na procura de restos da marea que poideran aproveitar, mais o lixo seguía alí.
Naide se molestóu en recolle-lo.
Chegamos o dia 5 de outubro. Unha boa marea desplazóu todo o lixo cara o fondo da praia: non habia outra, recollimo-lo todo en 8 grandes bolsas cara o no noso coche o deixámolo nos contenedores de lixo do povo.
Acordámonos moito do comportamento de moita xente indíxena cando fora o do Prestige.

un cachalote morto descompónse na praia de Vares dende hai varios meses


Un cachalote pasóu na area da praia de Vares o ultimo tercio da temporada veraneán e a primeiros de outubro todavía seguia alí. Pudríndose. Seica o servizo de limpeza de praias acabara o seu cometido de limpeza turística ó acabar a tempada ... e alí quedóu o noso amigo cachalote, e quedará ate que non quede nada dél.
Reclamamos limpeza anual das nosas praias. Deámonos a respetar. Ofrezamos calidade todo o ano os nosos visitantes.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Talados os pindos do "piñeiral da Moa" no PINDO

Hai un par de meses coñeciamos o que para nós era unha desfeita no corazón do Monte Pindo. Un coñecido piñeiral, que daba sobra a unha pequena chaira debaixo da Moa, foi talado para a construción dunha área de descanso. As mesas de madeira substitúen os piñeiros.
RECOLLIDO NO BLOG "QUE PASA NA COSTA??"

VII ENCONTROS NOS PENIDOS


QUERIDA XENTE: FIXAMOS O SÁBADO DIA 29 DE AGOSTO PARA O DIA DOS ENCONTROS NOS PENIDOS.


OS ACTOS DURARÁN TODO O DÍA 29 , DENTRO DO CÁL TEMOS DESEÑADO TRES ROTEIROS E UNHA CEA QUE SEN DÚBIDA FARÁN DAS VOSAS DELICIAS.

PRIMEIRO ROTEIRO


CURRO DE SANTOME- PRADO DAS CHANTAS-PENA TEIXEIRA – CIRCULO DA CHAIRA DOS PENIDOS – CRUZ DE MONTEIRO-PEDRAFITA ABATIDA-PENA QUE FALA- ASENTAMENTO DA CHAIRA DOS PENIDOS-PEDRAFITA DAS CORUXEIRAS- PENA ZOOMÓRFICA NA CHAIRA DAS CASETAS – CUME DO ARBOL VELLO- CURRO SANTOME

4 HORAS. Doado


CURRO DE SANTOME- (Recepción )…………………………… 10:00
SAIDA ( non haberá demora) ……………………………………...10:30
PRADO DAS CHANTAS…..(nos coches ate o seu pé)…….. 10: 45
GRUPO ABALADOIRO……………………………………………...10:50
-PENA TEIXEIRA –……………………………….…(repesca ) …. 11.00
(A Pena fica a dereita do Prado das Chantas. Si chegades tarde, alí vos agardaremos ate as 11 h)
RESTOS DA MINA DE WORFRAM…………………………..…. 11:15
CRUZ DE MONTEIRO-……………………………………………. 11.30
PEDRAFITA ABATIDA-…………………………………………… 11:45
PENA QUE FALA- …………………………………………………. 12:00

DESCANSO E REGRESO……………………………………… 12.15
NECRÓPOLIS E ANTA…………………………………………… 12: 30
CIRCULO DA CHAIRA DOS PENIDOS………………………… 12. 40
DESCANSO ……………………………………………………… 13:00
ASENTAMENTO DA CHAIRA DOS PENIDOS-…………………13:10
PEDRAFITA DAS CORUXEIRAS-……………………………… 13:25
PENA ZOOMÓRFICA NA CHAIRA DAS CASETAS ………… 14:00
CUME DO ARBOL VELLO- ……………………………………… .14:10
CURRO SANTOME………………………………………………… 14. 30


DETALLES

1. Saida: Entre 10 e 10:30h. do SÁBADO, 29 DE AGOSTO. Dende os puntos elegidos.
2. Repesca para os que cheguedes tarde : As 11 h na Pena Teixeira , e 12 h. na Pena que Fala (o pé do Penido Vello).
3. Almorzo: entre as 14:30- 15:00 h. Curro de San Tomé.
4. Dependendo do tempo, alteraráse polo miúdo o roteiro elegido.

5. Entre as 18 e 21 horas imos levar a cabo un segundo roteiro, pero gastronómico polos bares e tabernas do val: o guieiro será o infatigable Lionel.
6. As 21:30 h. teremos unha Cea de confraternización no BAR SAN PEDRO, en Correlos, Mor. Alfoz.
7. Si o tempo acompaña, faremos un terceiro roteiro “dos elefantes” pola bisbarra de Correlos entre a 1 e as 2 da mañán.
8. @s que queirades ficar a durmir no San Pedro, dádenos un toque para reservar habitación 636312271
9. E os que queirades vir de camping, chamádenos tamén con antelación.



SEGUNDO ROTEIRO


Listaxe de locais de hostalaría visitábeis:

BAR SAN PEDRO (Mor) Baiuca do Povo, galeguista, local amigo da Liga.
CAFÉ-BAR RODOLFO (Mor) Ten quiosque de prensa e revistas.
BODEGÓN PONTE DE PAU (Mor) Excelentes petiscos. Fermosa vista da Frouseira.
BAR-HOTEL VILA DO VAL (Ferreira) Fermoso local de pedra.
RESTAURANTE BALSA (Ferreira) Excelentes petiscos.


21:30 H ………………… BAR SAN PEDRO (CEA)

TERCEIRO ROTEIRO



ROTA DOS "ELEFANTES" (após da cea).

Saída da HOSPEDARÍA-BAR SAN PEDRO, collendo o camiño de LIÑARES, o nome vén das antigas plantacións de liño do lugar.
Este camiño posúe un engado de seu, xa que carece de alumeado e é doado observar vagalumes, escoitar as rás, a curuxa...
O camiño remata no barrio de SANTA MARIÑA, lugar por onde pasa o RÍO OURO, o nome de Santa Mariña é unha cristianización das ninfas da auga.
Seguiremos cara o barrio de CORRELOS, (onde se atopa o Bar San Pedro), este núcleo chegou a ser capital municipal de ALFOZ DO CASTRODOURO, e até hai uns vinte anos tiña lugar alí unha feira de gado, coñecida na contorna toda.
E de volta na Hospedaría-BSP a durmir... Ou non.


BEN, NOS@S AMIG@S : ESTO É O QUE HAI. COMO DE COSTUME, NON IMOS SER MOITOS, AUNQUE ESO SÍ!: “SELECTOS”.

COMO SEMPRE, IMOS EN PLAN FAMILIAR, POLO QUE A TRAVÉS DO DIA PODERÍAMOS INCLUIR ALGUNHA AGRADABLE NOVEDADE DO VOSO GUSTO. SÓ FICA PROPÓÑELO.

SAUDOS FRATERNAIS.

LIGA CELTIGA GALAICA

Descuberto un castro moi especial en Soesto (Laxe)


Está pendente de verificación até que punto as obras da estrada poden afectarlle a estes restos, malia asegurar a Consellaría de Cultura que o depósito está a salvo. Foi na prospección valorativa realizada polo persoal arqueólogo no trazado da ampliación da estrada AC-433 cando se atopou, na altura do lugar de Castrelo, na parroquia de Soesto (Laxe), unha porta monumental de entrada a un xacemento castrexo da segunda Idade do Ferro.
A escavación, entre varias casas da aldea, amosa un gran muro, dun ancho superior a tres metros, e unha grande entrada de carácter monumental, similares á do próximo Castro de Borneiro ou ao de Elviña, con grandes laxes que cubren o seu chan. Na zona interior poden verse os inicios dun corpo de garda.
Trátase dun achado moi pouco habitual nas escavacións do mundo castrexo en Galiza: a muralla ten un escalonado característico, e o máis curioso é que ao carón da entrada monumental, á súa esquerda, advírtese unha segunda porta, mais tapiada. Pódese atopar máis información e a localización concreta no blog de Manolo Gago.
INFORMACIÓN RECOLLIDA DE "A NOSA TERRA"

lunes, 16 de febrero de 2009

Os Irlandeses ligados para sempre cós Galegos

Novos estudos volven ligar xeneticamente os irlandeses con Galiza
Presentados esta fin de semana en EUA, no congreso anual da American Association for the Advancement of Science que edita a revista 'Science'.
Redacción - 17:00 16/02/2009

Tags: ADN American Association for the Advancement of Science emigración Galiza Irlanda parentesco Trinity College

O profesor Dan Bradley do Instituto de Xenética Smurfit (Trinity College) de Dublín presentou esta fin de semana en Chicago (EUA) o traballo elaborado polo seu grupo investigación sobre a orixe dos habitantes da illa de Irlanda e como estes chegaron a ela, informa o xornal Irish Times. Bradley e os seus centráronse no estudo dos xenes asociados ao cromosoma Y, a herdanza xenética que procede do pai.

Segundo o exposto no congreso anual da American Association for the Advancement of Science (a histórica organización científica que edita a revista Science), os 'parentes' máis próximos aos irlandeses localízanse en varias partes do norte peninsular, especialmente na Galiza.

O científico estivo acompañado na súa exposición polo arqueólogo e lingüista da Queen’s University de Belfast, o profesor James Mallory, que traballa na adaptación deste tipo de estudos xenéticos á análise da transmisión de linguas a través da Europa Occidental.

Rastrexando a presenza de certos indicadores de cromosomas Y, Bradley viaxou atrás no tempo para trazar o mapa de parentesco dos irlandeses en relación con outros pobos europeos, e comprobou esta forte relación entre o noroeste da Península Ibérica e os habitantes do oeste de Irlanda, principalmente.

Tamén na fauna, outra das áreas analizadas polo investigador, atópase esta conexión xenética. Así, obsérvase por exemplo que, a diferenza dos británicos, os porcos teixos irlandeses son ibéricos. "A fauna de Irlanda semella ser diverxente. Como explicamos isto?", cuestionouse Bradley. Lebor Gabála Érenn (Libro da Invasión de Irlanda)

Todo apunta á chegada de emigrantes do norte peninsular, cando os glaciares da última glaciación comezaron a desaparecer da illa. Neste senso citou o Lebor Gabála Érenn (Libro da Invasión de Irlanda), obra manuscrita de grande importancia historiográfica e narrativa compilada no século XI, que relata a chegada do fillo de Breogán, Ith, dende a costa ártabra.

Pola súa banda, Mallory salientou a dificultade de conectar a transmisión de linguas coa dispersión xenética nas migracións dos pobos a través de Europa, extremadamente difícil debido a interrupción de influencias como a transmisión vía "dominio das elites".

Áreas de asentamento cunha única lingua, tomadas posteriormente por invasores, verían o desprazamento desta, cos recén chegados impondo a súa propia. Porén, o acervo xenético local semella permanecer e diluír a influencia do ADN dos novos poboadores.

miércoles, 11 de febrero de 2009

PROHIBÉUSE O DEREITO Á DISCREPANCIA PACÍFICA


-Ónde veu a orde de prohibir toda manifestación discrepante?
Porquè a Policia Nacional amosóuse tan belixerante?
-Porqué consíntese que o PP cree eiquí na Galiza unha Plataforma feita có ánimo de abrir feridas novas?
Non será porque a oligarquía tén as de perder no noso país?
Non será porque si non enturbian a convivencia, nunca máis sacarán tallada?
... E que para iso tenta de crear novas plataformas reaccionarias, avaladas por bastantes medios económicos e sociais?
EIQUÍ CONVÉN RECORDAR OUTRAS SITUACIÓNS PARELLAS EN OUTRAS PARTES DO ESTADO.
O QUE TEMOS QUE TÉR MOI CLARO
É QUE NON PASARÁN!!

A LCG DENUNCIA OS ACTOS DO DIA 8F , CONTRARIOS Á CONVIVENCIA SENDO DIRIXIDOS E AVALADOS POLO PP

Dende a Liga Céltiga Galaica queremos denunciar os episódios de violencia gratuita e agresións padecidas por vari@s cidada@s da Galiza a manos da Policia, só por expresar pacíficamente sua oposición contra unha manifestación reaccionária e moi ben planificada cara a provocación gratuita que conleva a negación do futuro da lengua nacional de Galiza, o galego.

A Liga Céltiga Galaica – que rechaza todo tipo e formas de violencia- cré que detrás destos feitos desestabilidadores da convivencia, ocúlta-se un interese politico violento e premeditado de saber aproveitar moi ben a cercanía das vindeiras eleccións para crear unha tensión global no povo galego, elexindo para elo o ben mais preciado que tén o pais: o seu idioma; fomentando deste xeito o odio contra o galego e obviamente creando con esta situación os enfrontamentos e incidentes vividos este domingo na capital do noso país.

A actitude dos poderes públicos en non tér protexido os dereitos das persoas pacíficas que se manifestaban pacíficamente en sentido contrario que se traduzo en dez arrestad@s , incluido un dirigente dun partido político legal (tratado como un delincuente común) é un alto prezo que os galegos non podemos permitirnos o luxo de repetir.

sábado, 10 de enero de 2009

NOSO COMUNICADO SOBOR DO RECENTE REPARTO EÓLICO

A LIGA CÉLTIGA GALAICA , con ocasión da derradeira resolución da Consellería de Industria do REPARTO dos novos adxudicatarios dos Parques Eólicos, quér informar de que frente a realidade de que os históricos beneficiarios de sempre – o colonialismo hispano unido os latifundistas económicos e os seus aparelhos mediaticos e políticos – tentan atacar o BNG por tentar criar una classe empresarial autóctona para coutar o avance da destrucción da identidade nacional e enfortalezer o tecido económico da Galiza; quér saír o paso para comunicar ó Povo Galego o seguinte:

1.- Temos que ter moi claro que partimos todos do mesmo país: GALIZA; e enfrontámonos o mesmo enemigo, que non dubidarían en afortalar as necesidades foráneas e claramente empresariais por riba das cinzas da nosa terra galaica e todo o que dela simboliza.

2.- .-Que é positivo que se concreten normas pra protexer o noso legado cultural, mas achamos que estas medidas som sempre tímidas xá que non desexan escorrentar às entidades industriais privadas, cecáis inatalháveis de fundo, de base, xa que non existe um governo suficintemente intervencionista na economia como pra fertilizar umha indústria pública com capacidade de explotar muitas outras fontes enerxéticas renováveis cun impacto ambental inferior aos dos muinhos de vento.

3 .- Unha oposición sen máis poucas veces deu de si. Pasan os meses, realizanse as obras, uns enchen os petos e todos esquecen (ecoloxistas incluidos).
O que hai que facer é levar isto ao terreo do compromiso social, que as comunidades e a cidadanía vexan que poden demandar que isto teña correspondencia na sua calidade de vida e no seu entorno.
Se a sociedade civil non toma cartas no asunto, chámense asociacións de veciños, asociacións ecoloxistas ou aquelas que velan polo noso patrimonio como a LCG, ninguén o vai facer. E nestes caso cómpre mobilizarase con intelixencia.

4 .- Certo que estes muiños non e gustan nada, coma tampouco gosto dos encoros e moitisimo menos da minicentrais ou das centrais de biomasa (incineradoras encubertas.
O que creemos que ten que ser intelixente é ver que se facemos un sacrificio co noso medio natural de cara a obter enerxía, esixir: ·

Que o principal beneficiario desta producción enerxética sexa Galiza, as suas institucións de autogoberno e a iniciativa privada do País, non a allea.·

Paradoxalmente os que poñen o berro no ceo por que as empresas enerxéticas españolas coma REPSOL-YPF ou ENDESA poidan rematar en mans non españolas, atopan reprobábel que os galegos miremos polo noso.·
A producción eólica entra dentro das produccións enerxéticas chamadas renobaveis e/ou (ecolóxicas). Outras produccións enerxéticas son máis nocivas e debemos esixir garantías de que no noso País NUNCA correremos o perigo de que nos instalen producción nuclear.

Polo tanto, vemos oportuno esixirlle aos partidos políticos nesta época pre-electoral e diante do sacrificio ao medio natural que os parques eólicos supoñen, que declaren no parlamento galego a Galiza coma livre de centrales nucleares e da enerxía atómica, xa sexa de uso civil (para-raios) ou militar (submarinos)·
Coa mesma esixirlle á xunta un calendario para a retirada das centrais de Meirama e As Pontes.·
Esixir un maior compormiso para as adxudicatarias e a para a propia administración coa conservación e protección do entorno dos parques eólicos tanto no que refire ao medio natural como ao patrimonio arqueolóxico e monumental.·
Esixirlle a administración que estableza por Lei, que as comunidades próximas aos parques eólicos conten con garantías de suministro electrico en condicións e melloras notabeis na sua calidade de vida (banda larga de internet) e axudas para as reformas e melloras no aillamento das vivendas desas comunidades.

Non basta con que as comunidades de montes ou os concellos saian en certa medida beneficiados, tamén teñen que ser o conxunto dos cidadáns galegos e moi particularmente os que mora á beira dos parques eólicos.
En ningún caso poden os noso paisanos ver mermada a sua calidade de vida.

Se as empresas obteñen beneficios tamén o fai a administración e ambas deben velar para que o impacto da producción enerxética sexa mínimo.·
Esixir o escrupulosos respecto a propiedade comunal do monte galego alí onde está en vigor e o repecto ás leis que o regulan.·
Como a todo o povo galego, gostaríanos o proxecto do grupo Inveraván, que tiña como contrapartida o traslado de Ence, pero non presentaron o proxecto da solvencia enerxética e industrial necesaria para gañar o concurso dando só o seu compromiso de realizar un estudo sobor da viabilidade técnica e económica do posible cambio da papelera; obtendo nestas ambiguas inconcrecións unha das puntuacións máis baixas de todo o concurso.·

Por último a LCG extráñanos sobremaneira as acedas críticas que algúns teñen vertido sobre un concurso público cando calaron solemnemente cando o PP repartiu 4.000 megavatios a dedo e cun resultado polo que o 80% deles quedaron en mans de tres ou catro empresas que nin sequera teñen o domicilio social en Galicia

ANTONIO LOURENCO


António Lourenço Fontes leva exercendo de crego corenta e sete anos na raia seca, entre as terras do Barroso portugués e A Limia.
Rompeu, dende un principio, co estereotipo de crego, aínda que o levase a vivir coa ameaza constante de ser afastado das súas funcións pola xerarquía eclesiástica.
Celebra unha vez ao ano unha misa con cantares ao desafío, polo que foi apercibido polo bispo de Vila Real, o mesmo que ameazou con expulsalo da Igrexa se seguía ao mando da organización do encontro de menciña popular e bruxos en Vilar de Perdices.
Tamén foi perseguido polos estamentos políticos durante a ditadura salazarista, cando agachaba os mozos que escapaban da guerra colonial e pretendían emigrar a pesar da prohibición.
António Fontes, como amante da Raia, considera que esta morreu dende que desapareceu o contrabando.
Agora, coma responsábel dunha albergaría rural trata de atraer visitantes e dinamizar unha terra cada vez máis baleira. O parkinson atou un tanto o espírito e ímpeto deste crego singular. En febreiro celebrará, o venres trece coma de cotío, o día dos seres do máis alá.

Innovou a misa con cantares de desafío?

Levo máis de vinte anos facéndoo. Este ano participaron vinte e dous cantores. Agora xa o entenden pero, hai anos, ao bispo de Vila Real non lle gustou vela na televisión, xa que entendia que estaba fóra de contexto e era provocadora. Prohibiuna, por iso a tivemos que mudar un pouco.

Parecidos problemas tivo polo congreso de bruxas?

Moito pior, ao bispo presionárono para que me mandase calar. A presión viña de persoas que tiñan negocios de parapsicoloxía e medicina científica e mesmo curas que non querían que eu saise nos medios de comunicación con ese rótulo de padre que promove as bruxas. O primeiro congreso foi no ano 1983. A intención era dar a coñecer a medicina popular, os videntes, os curandeiros, os capadores, os bruxos das aldeas. Tratei de facer unha alerta galego portuguesa para que non se perdese esa tradición.

A carón do congreso naceu o licor “levanta o pau”?

É parecido ao licor café galego, pero quixemos darlle un nome máis atrainte, máis brincadeiro e amáis introducímoslle herbas afrodisíacas coma a bretónica, o foxo ou a ortiga. É un licor que levanta o ánimo.

lunes, 5 de enero de 2009

CELEBRAMOS A DECLARACION BIC DO DOLMEN!!!



E non só o Dolmen de San Tomé, no Valadouro; senón tamén o recoñecemento oficial da sua bisbarra, protexendo os 200 metros cadrados oficiais.
Son máis de 10 anos de investigación nos Penidos que agora, hoxe son dalgún xeito recoñecidos oficialmente.
Mais non hai que durmirse nos laureis e hai que seguir loitando para ampliar o campo e seguir dignificando estos eidos potenciados dende hai tres anos pola nosa revista O PRADO DAS CHANTAS, que chega por fin ó seu número 46.

Aproveitamos para saudar dende eiquí a tódalas persoas que con a sua labor continuada a través dos anos, lograron erguer as esperanzas de recuperación de toda a Serra do Xistral.

IMPUNIDADE