jueves, 16 de diciembre de 2010

XORNADA DA RESISTENCIA GALAICA



A Liga Céltiga Galaica convoca prao sábado 18 de decembro a XORNADA DA RESISTENCIA GALAICA en conmemoración daquel 17 de decembro do 1483 no que a decapitación de Pardo de Cela supuxo o remate de máis de dous longos anos de resistencia na Frouseira contra o imperialismo da coroa castelá.

Lembramos e homenaxeamos aos galegos que loitaron contra o poder foráneo e a ocupación do territorio, converténdose en mártires da causa nacional galega. Os actos serán os seguintes:

13:00 h.: Xantar de confraternidade no Bar San Pedro (Mor-ALFOZ).
Cómpre apuntarse antes do xoves 16 no 600378363 ou no mensaxe2@hotmail.com.
16:00 h.: Acto na Frouseira: Lectura do “Manifesto da Liberdade” e máis dun texto enviado por Antón Meilán, quen desculpou a súa asistencia por estar de viaxe. Oferenda floral aos mártires.
18:00 h.: Acto no Castrodouro: Uns gaiteiros interpretarán a Marcha do Antigo Reino da Galiza na contorna do castelo.

A LCG anima a participar nestes actos de afirmación patriótica -de carácter aberto- pra que ningunha xerazón esqueza a loita dos nosos devanceiros por manter viva a identidade e a soberanía nacionais da Galiza.

Por outra banda, vén de publicarse o número 67 da revista O PRADO DAS CHANTAS, o cal corresponde ao mes de decembro. Amais das seccións habituais, o tema central deste número é a Xornada da Resistencia Galaica

No hay comentarios: