sábado, 30 de enero de 2010
A Liga demanda dos concellos parques biosaudábeis
Que é un parque biosaudábel?
É un espazo de lecer pensado nomeadamente prá terceira idade.
O devandito espazo contará con aparellos de xinasia axeitados prás persoas maiores, instalados ao ar libre, nos parques públicos.
Por que? Non é preciso clarexar que a terceira idade é o sector social máis amplo en moitos concellos galegos.
Onde? Nos concellos contamos con parques ou áreas acaidas pra esta caste de instalacións e calquera destes recintos podía converterse nun parque biosaudábel, de xeito total ou parcial, dependendo do espazo dispoñíbel, xa que nun parque común pode habilitarse unha zona biosaudábel.
Se os nosos concellos deciden abordar este proxecto con xenerosidade e vontade de servizo aos nosos maiores, non estaría de máis a instalación de xogos populares acarón destes espazos biosaudábeis: Xogo da rá, taboleiros de xadrez debuxados en mesas fixas, lastras de bólos...
Vantaxes: As instalacións que estamos a demandar repercutirían positivamente na saúde dos cidadáns da terceira idade, suporía unhas horas de entretemento pra un sector que non conta con grandes proxectos de lecer nas áreas rurais e estaríamos a contar cun xinasio ecolóxico, sen consumo de electricidade -contribuíndo co aforro enerxético- e aproveitando os recursos naturais. Sen esquecer que praos usuarios non suporía gasto ningún a utilización deste servizo.
Axudas: Esta caste de instalacións están a contar co financiamento do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL),
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario