miércoles, 3 de febrero de 2010

QUÉ PASA CO GALEGO DO EO-NAVIA??


(Recollido en Vieiros)


O asturianismo reacciona contra Ferrín



As palabras do presidente da RAG, que pediu a oficialidade do asturiano en Asturias e do galego no Eo-Navia, non gustaron en certos sectores.



Xosé Luís Méndez Ferrín, nunha entrevista publicada hai uns días, pedía a oficialidade da lingua asturiana no territorio da Comunidade Autónoma veciña, exceptuando a comarca do Eo-Navia -que fai parte do Principado- para a que o novo presidente da RAG reclamou a oficialidade do galego. "Persoalmente, dáme rabia que o asturleonés sexa cooficial en Miranda do Douro e recoñecido pola República Portuguesa, e o asturiano non o sexa en Asturias plenamente", dixo.



Porén, engadiu, "o occidente de Asturias é outra cousa, e ten que ter un tratamento especial, e nós apoiamos as normas do galego de Asturias do Eo-Navia". A Academia da Llingua Asturiana pronúnciase As declaracións non sentaron ben en diversos sectores asturianistas.


O xornal La Nueva España (LNE) encargouse de lles dar ampla cobertura durante estes últimos días. Por exemplo, esta cuarta feira, reproduce as palabras do "catedrático e académico da Llingua Asturiana para o Navia-Eo, José Antonio Fernández Vior", que din "acusou a Galiza de 'usar o Navia-Eo como cortina de fume cando teñen problemas lingüísticos no seu propio territorio'".


Ferrín, na citada entrevista, comentara neste senso estar "desexando que este conflito desapareza". "Eu son moi amigo de escritores asturianos e de persoas que defenden o asturiano, polo que este tema está como envelenado", lamentábase, e declarábase "un grande amigo da lingua asturiana".


Para Vior, no entanto -e en palabras de LNE-, "as inxerencias desde Galiza neste territorio son periódicas e atenden a determinados momentos". "É unha apreciación, mais no verán nunca sae nada disto, sae no inverno, que igual a xente anda máis aburrida ou cando teñen eles algún problema", declarou o catedrático de 87 anos.


Oficialmente, a Academia da Llingua Asturiana pronunciouse a través da súa presidenta, Ana Cano: "A Academia nunca renunciará á asturianidade de todos os concellos de Asturias e está en contra de que se intente galeguizar o Occidente". Porén, precisou que o problema de fondo é outro: "Se o asturiano e o galego-asturiano fosen linguas oficiais non pasaría isto". Posición do goberno de Asturias A directora xeral de Política Lingüística do Principado, Consuelo Vega, asegurou ao respecto que "o goberno asturiano recoñece a especificidade do galego-asturiano, a fala como se denomina popularmente, como unha realidade lingüística diferente do asturiano".


"Este recoñecemento é xurídico e se traslada aos ámbitos administrativos, educativos ou culturais", engadiu. Por outra banda, Vega considerou que a petición de Ferrín sobre a oficialidade do asturiano "é tan respectábel como a de calquera outro cidadán mais non ten lexitimidade xa que o territorio asturiano só lles compete aos asturianos".


Izquierda Unida de Asturias e Unidá Nacionalista Asturiana Tamén desde a política asturiana houbo reaccións. Unidá Nacionalista Asturiana (UNA) -que conseguiu o 0,7% dos votos nas pasadas autonómicas- emitiu unha nota de prensa que recolleu La Nueva España na súa edición deste martes: "As institucións asturianas teñen competencias exclusivas sobre a política lingüística en toda Asturies, tamén na zona máis occidental, e que a normativización corresponde legalmente á Academia da Llingua Asturiana, polo que non ten sentido reabrir artificialmente debates superados pola realidade xurídica e social, nin discursos expansionistas que xa deberían formar parte do pasado".


Outros que se pronunciaron foron Izquierda Unida de Asturias, que sinalaron que o Eo-Navia é "unha zona de indubidábel identidade asturiana". "Até hai pouco a política lingüística galega era a envexa dos asturianos falantes; de continuar os planes de Feijoo, Ferrín terá problemas máis graves que ocuparse do Occidente de Asturias".


Tres concellos do Eo-Navia Tamén na edición do martes, LNE titula: "Os alcaldes fan oídos xordos á pretensión da Academia Galega". Segundo o rotativo asturiano, o alcalde de Castropol, José Ángel Pérez (PSOE), apreciou que se trata dun tema "demasiado manido" e "non ten importancia porque é unha inxerencia que o único que lle vai reportar (a Ferrín) é que o coñezan como escritor". "Non hai lugar para a polémica, nós sentímonos asturianos, mais convivimos día a día cos galegos.


Coido que o importante é a visión integradora e o enriquecemento cultural que isto produce", sinalou a alcaldesa de Santiso de Abres, Goretti Quintana (PP), que considerou un erro utilizar o nome de galego-asturiano, xa que "habería que darlle prioridade ao asturiano, para que fose por diante e se nos identificase rapidamente coa rexión á que pertencemos". Por último, LNE cita o alcalde de Santalla de Ozcos, Antonio Riveras (IU), que afirmou que os veciños do Eo-Navia "teñen o seu propio idioma e non precisan que veña a Real Academia Galega, porque o único que pode facer é o que fixo co galego que é transformalo".



A opinións filolóxica desde Asturias O xornal completa a ampla cobertura realizada a partir das manifestacións de Méndez Ferrín recollendo a opinión do "filólogo e escritor, Xosé Miguel Suárez"; do "profesor de Lengua e escritor en fala, Ignacio Vares; e do "presidente da asociación Xeira, Xabiel G. Menéndez". Os dous primeiros participaron na elaboración das Normas Ortográficas do Galego-Asturiano editadas pola Secretaría Lingüística do Navia-Eo. Suárez explica que desde un punto de vista filolóxico "o que se fala no Navia-Eo é galego-portugués, mais outra cousa é o plano sociopolítico, identitario ou como se lle queira chamar.




Iso explica que en Galiza non se usen as normas do portugués e que en Asturias non se queira usar a normativa do galego". Vares explica: "Non se pode negar que compartimos rasgos con Galiza, mais tamén é certo que o galego non é unitario porque non é igual o que se fala nas Rías Baixas ca o que se fala en Ribadeo. A unidade márcaa unha decisión política". "Que non pretendan dicir que por fenómenos lingüísticos isto é galego.



Creo que se Galiza chegara até o Navia non teriamos que renunciar ás diferencias, mais non é así, e por iso aquí non hai vontade de renunciar a estas características propias". Por último, o presidente de Xeira asegura que "a riqueza de publicacións no Navia-Eo é debida á grande identidade da poboación cunha variedade lingüística diferenciada do galego".


Menéndez considera que a zona eo-naviega é "moi apetecíbel" xa que conta "cunha nómina moi importante de escritores cunha calidade literaria e editorial asombrosa, que xa quixeran moitas zonas cunha lingua máis forte". Xeira coincide con Ferrín en que a solución ("a estas inxerencias de Galicia", di LNE) é que se declaren oficiais tanto o galego-asturiano como o asturiano. Conclusión de LNE "


Así as cousas no Occidente todo o mundo parece ter claro que o galego-asturiano ou fala é unha lingua máis de Asturias en boca de falantes que se consideran e son asturianos", conclúe LNE ao respecto de toda a 'polémica' nunha das súas informacións elaboradas nestes últimos días

4 comentarios:

Archeoten. dijo...

No norte de Belgica falase uma lingua en Holanda falase uma lingua, fai tempo que ambos se derom conta que era a mesma e lhe chamam da mesma maneira: Nederlandes, em Baleares ao que falam lhe chamam "catalám" e nom "catalano-balear", em Moçambique ao que se fala se lhe chama portugues nom "moçambicano", e os americanos e australianos falam ingles nom "norteamericano"/"estadounidense" nim "australiano" nim falam tampouco "fal ingles-australiana" etc. Por muito que em todos estos lugares se falem variantes dialetais da mesmas linguas muito diferentes entre sim proprias

En Suiza o dialeto suizo do alemao se ensina na escola como o alemao normativo, pero a ninguem se lhe ocurre afirmar que nom é alemao

Logo porque há que ponher-lhe ao galego que se fala em asturias o nome de galego-asturiano, ou asturiano-galego ou ningum outro??, salvo pela teima malentendida de que se se chama galego a secás ou galego oriental (que filologicamente é o que é igual o da Marinha ou outras zonas de Lugo) os que o falam som menos "asturianos",

os enfases a este respeito som significativo e se se insiste tanto em que ponher o prefixo "asturiano" ao que a secás é outra variante dialectal mais do galego (e estas som muitas si, vam desde o Navia ate o Mato Grosso, por muito que fora da Galiza se conheça por outro nome) cecais é que se esta a penssar de xeito "errado" a identidade asturiana, ou cecais se pensa, no fondo e ainda que nom se queira dizer, que o "galego" que falam os asturianos do occidente tem menos dereito de asturianidade autonomica que a lingua que outros asturianos falam em Mieres.

Archeoten. dijo...

Tamén é significativo que se vote tanto a mao dum suposto expansionismo de Galiza, certamente eu nom vim que os desta beira do Eo nos dediquemos a cambiar os marcos da autonomía pola noite e as caladas, toda está polémica tem muito de "visceral" cecais de mais, e possivelmente de valvula de escape da frustraçao pola nom oficialidade do "Asturiano" pero nom nos enganemos Galiza nunca fixo campanha em contra da cooficialidade do asturiano, antes bem os deste lado do Eo cando nos referimos a isso o soemos fazer em sentido contrario e favoravel plenamente a esa cooficialidade (por solidaridade linguistica), como de feito agora o fixo Ferrín, irónico senom sarcastico e que assim se lhe agradeça, penso eu

se queram buscar um culpavel é pouco lóxico culpar ao "amigo" ao "aliado" ou ao que te da "a raçao" no que ti reclams, a nom ser que queiramos crear como innecesario chivo espiatorio, sería mais loxica que invertisem igual cantidade de tempo e palavras em diagnosticas aos "verdadeiros" culpaveis da situaçao vergonhenta da nom cooficialidade do asturiano (e para mim como galego é uma vergonha que nom sexa oficial), e recordar que a filológia hispánica (espanhola) -e nom a galego-portuguesa- é a que lhes nega a categoría histórica de lingua, chamando ao asturiano e ao leones "Dialetos Históricos del Castellano"; e assím se ensina ainda nos manuais de lingua espanhola (nom nos de galego precisamente), nom o esquezam a outra beira do Eo, e tampouco esqueçam ao outro lado do Eo que o goberno que bloqueou ou simplemente fixo ouvidos sordos sistematicamente calquer iniciativa de cooficialidade do Asturiano nom foi precisamente o da Xunta de Galiza, que bastante tem co seu, senom o goberno central de Madrid.

Archeoten. dijo...

Polo tanto, toda ista polémica me parece infrada artificialmente, cando nom desproporcionada, e ainda algo manipulada, e nom creo que vaia a favor do asturiano e a sua cooficialidade precisamente, e muito menos se como neste caso pretende crear um esteril enfrontamento entre galegos e asturianos, pois no asunto das chamadas "linguas minoritarias" há quem segue xogando ao dividir e vencer, e há alguns que tristemente lhes seguem nesse jogo duma maneira bastente inconsciente.

A mim todo isto recorda-me, por desgraza demasiado a outro debate que si se deu em ocasioes na Galiza em torno a normativa do galego, e a necesidade segum o oficialismo dum diferencialismo" com respeito ao portugues na grafia para manter a "identidade" galega, porque somos "galegos" nom "portugueses". Cambiese agora por asturiano e galego e teremos o equivalente quimico exacto deste argumentos.

A polémica sobre o que se fala no Navia, e esa teima por ponher-lhe adxetivos innecesario se ouver que ponher algum seria o de galego diante de portugues, ainda que em realidade estos seríam ponher dous sustantivos seguidos, ainda que isto tambem escocería desde esse sentido "parcial" e problematico da asturianidade, que polo que se ve e bastante contraproducente a hora de garantir, proteger e fomentar a identidade asturiana; pois ao final so reforça as estrategias dos que negam essa identidade.

Em fim todo isto, como digo, recorda-me demasiado a todo isto do debate do galego e o portugues, aquí alguns falabam (si algum mesmo dicia isso) dum "colonialismo" cultural portugues da Galiza, que os reintegraçonistias querían destruir o galego e sustitui-lo polo portugues, etc, e se insistia como nom nas grandes diferenzas (ao final nom tantas nim tam grandes como as do castelhano de Valladolid e o de Aljeciras) dialetais (idem disse agorao casso asturiano)

Se algo se pode aprender do casso mirandes, e por tanto da atitude dos Portugueses ao respeito das linguas minoritarias no seu territorio (como o é o galego no territorio de Asturias, León, ou Zamora), e que no outro lado do Minho entendom corretamente que se os de Miranda do Douro falabam uma lingua que se leva falando ali seculos, em pleno territorio portugues e por portugueses, mas que nom era portugues, había que entender que esta lingua formaba parte igualmente da identidade portuguesa, por iso o mirandes chamase mirandes a secas e nom portugues-mirandes ou mirandes-portugues, Nom ha enfases innecesario porque o exceso de enfase ao final o único que indica e uma "carencia" real ou imaginada do que fala com esses enfases

Por isso nom me pareçe necesrio ponher teimudamente e repetitivamente valenciano-catalam, ou mesmo chamar valençai ao que é catalam (de Valencia) a secas, ou chamar vasoo-frances ao que vasco de Iparralde a secas, ou chamar a o galego de Asturias, galego-asturiano, volvendo ao mirandes estes enfasses nom fam falta porque se entendem que som en si superfluos e inutiles, em primeiro lugar porque o Mirandes nom é o portugues (lingua) pero si é portugues (xentilicio de Portugal) o día que se entenda que o galego do Navia igualmente é galego (lingua) ou melhor galego-portugues; pero nom galego (xentilicio da Galiza)

Em resume nom é muito proprio o que mesturarem os adxetivos cos nomes propios, e cando tal se fai so podemos confundir-nos muito.

Archeoten. dijo...

Vai por cachos porque como sempre cando empezo termino escrevendo um testamento e nom me deixaba ponhe-lo enteiro

Um Saudo