lunes, 22 de marzo de 2010
27 de Marzo: Todos temos unha cita no Camiño dos Arrieiros
ROTEIRO CULTURAL: Camiño dos Arrieiros
Treito: As Campeiras (As Pontes) - Cristo de Mouraz (Mañón)
Dia: 27 de marzo de 2010
Saída: 10’00h diante do local da A.VV. das Campeiras
Chegada: 19’30h
Organiza: Liga Céltiga Galaica, Plataforma na Defensa do Patrimonio das Pontes
Colabora: Asociación Informática @migus, Asoc. de Estudos Históricos HUME, Clube de Montaña O Caxado
Descrición:
O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 42 km., unindo As Pontes co porto de Vares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.
Máis de 200 mámoas emprazadas nas serras da Faladoira e Coriscada, flanquean o camiño dende As Pontes a Vares. Estas construcións prehistóricas forman xunto coas pedrafitas e as cruces de pedra unha unidade patrimonial de especial interese, que fan do Camiño dos Arrieiros un dos activos culturais máis importantes do territorio.
Un itinerario no que desfrutar tamén da natureza, e dalgunhas especies protexidas como a Erica tetralix, presente en zonas enchoupadas ás que acoden a beber os centos de cabalos que viven en réxime de semiliberdade polas serras.
Nesta ocasión realizaremos un primeiro treito duns 20 km., a través dos concellos das Pontes e Mañón.
Inscricións:
http://www.amigus.org/festas/roteiro_camino_arrieiros/
Contacto:
plataforma@amigus.org
ligaceltigalaica@gmail.com
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario