jueves, 16 de diciembre de 2010

XORNADA DA RESISTENCIA GALAICA



A Liga Céltiga Galaica convoca prao sábado 18 de decembro a XORNADA DA RESISTENCIA GALAICA en conmemoración daquel 17 de decembro do 1483 no que a decapitación de Pardo de Cela supuxo o remate de máis de dous longos anos de resistencia na Frouseira contra o imperialismo da coroa castelá.

Lembramos e homenaxeamos aos galegos que loitaron contra o poder foráneo e a ocupación do territorio, converténdose en mártires da causa nacional galega. Os actos serán os seguintes:

13:00 h.: Xantar de confraternidade no Bar San Pedro (Mor-ALFOZ).
Cómpre apuntarse antes do xoves 16 no 600378363 ou no mensaxe2@hotmail.com.
16:00 h.: Acto na Frouseira: Lectura do “Manifesto da Liberdade” e máis dun texto enviado por Antón Meilán, quen desculpou a súa asistencia por estar de viaxe. Oferenda floral aos mártires.
18:00 h.: Acto no Castrodouro: Uns gaiteiros interpretarán a Marcha do Antigo Reino da Galiza na contorna do castelo.

A LCG anima a participar nestes actos de afirmación patriótica -de carácter aberto- pra que ningunha xerazón esqueza a loita dos nosos devanceiros por manter viva a identidade e a soberanía nacionais da Galiza.

Por outra banda, vén de publicarse o número 67 da revista O PRADO DAS CHANTAS, o cal corresponde ao mes de decembro. Amais das seccións habituais, o tema central deste número é a Xornada da Resistencia Galaica

II XORNADAS MOURAS




Os nosos amigos da AACC Plataforma de Defensa do Patrimonio de As Pontes organizaron dentro das suas II Xornadas Mouras un acto centrado no CAMINHO DOS ARRIEIROS. O final do mesmo quedamos todos bastante satisfeitos con o compromiso dunha continuidade cara a creación dunha serie de plataformas orientadas a recuperación deste caminho primitivo que a LCG vén loitando dende hai moitos anos.

ROTEIRO DA LANZADA. FOTO. - 1



Fora unha xornada soleada de inverno, onde xuntaramos un bó fato de inquedas persoas ávidas por conhecer os avatares das nosas antergas tradicións.
Para ise día acompanháranos o noso entranhabel FRANCISCO CARBALLO, que nos deu in situ unhas maxistrais pinceladas do seu saber, tocando as revoltas irmandinhas, e de rebote alguns temas mais que tocaran de cheo aqueles territorios hoxe visitados.
Nosos parabéns de cómo tenhen organizado a xente de ANDARELA estos roteiros. Moita xente intervíu nestes extensos turnos de palabras , e alí quedaron ideias e sentimentos espallados , xunto con unha mostra dos tesouros que fican debaixo nosa.

Agardamos por ese FESTIVAL IRMANDINHO DA LANZADA que se tén que dar, vencendo a férrea e pintoresca oposición da Igrexa á celebración desta festa.

Roteiro da Lanzada. fotos -2








Veleiquí unha mostra do roteiro que organizara galantemente a nosa amiga AACC Andarela de Sanxenxo. Unha pequena mostra dos tesouros que na Lanzada amosan un territorio que fora digno e que arestora enorgullécese do que tén, malia o crecente turismo atosigador nesta parte mítica da Galiza.
A cama da Santa é unha pena na beira do mar na que as parellas apareábanse antes-despois do rito da fecundación na praia de a carón ou "das nove ondas". O rito pervivéu e pervive todavía, aunque as agachadas como é fácil de comprender, tendo en conta que á Iglexa lle tén saído válidos que velan porque non haia alternativa .

sábado, 20 de noviembre de 2010

ROTEIRO POLOS TERRITORIOS DA LANZADA (1)




O vindeiro domingo 28 de Novembro imos botar a andar o derradeiro roteiro deste ano.
Organizado pola Asociación ANDARELA de SANXENXO imos visitar o dignísimo itsmo da Lanzada nas sua torre irmandiña, o Portalén, o Castro, a Cama da Santa, A Illa do Médico , a Cova da Lapa, o Paxaro histórico do Con D´Arbón e a Praia das Nove Ondas.

Sede pontoales; ficamos as 10 h en punto no CON do PAXARO, conhecido pola visinhanza como Con D´Arbón.

Quen queira facer o ritual de darse un banho á medianoite do sábado 27 na Praia das Nove Ondas, será benvido. Nós andaremos perto.

ROTEIRO POLOS TERRITORIOS DA LANZADA (2)







Voltamos de novo o mítico itsmo da Lanzada con tantas e tantas cousas, a mitade delas todavía sen descubrer e a outra mitade descubertas paseninhamente cara sua dignificación polo seu povo, descendente directo dos antergos moradores.

Muito que dicer da Lanzada, mais reservámonos para a volta , na que vos propondremos unha visita virtual a través do material que aló logremos crear.

Polo de pronto, andades invitados; recordade, o domingo 28 de NOVEMBRO, as 10 h da manhán xunto o corvo do Con D´Arbon.

Gerry Adams deixa o seguro e toma unha audaz decisión que o honra

Comentando el anuncio de presidente del Sinn Féin, Gerry Adams, que tiene intención de dejar la Asamblea (en el Norte) y buscar la elección a la Dáil por el Condado de Louth, Martin McGuinness, ha dicho:

"La decisión de Gerry de dejar uno de los asientos más seguros en Irlanda para presentarse a las elecciones a la Dáil en Louth y jugar un papel central en la batalla para la recuperación económica de Irlanda es liderazgo en acción".
"Es el tipo de liderazgo que este país necesita en este momento en nuestra historia. He hablado con Gerry, obviamente, acerca de esta decisión y, en mi opinión la gente en Irlanda dará la bienvenida a esta audaz iniciativa".
"Las decisiones adoptadas por el pueblo irlandés en los próximos meses tendrán un efecto para generaciones. Gerry es incuestionable como líder político, negociador y estratega. Él traerá cualidades únicas para la Dáil y al esfuerzo nacional necesario para reconstruir la economía y proteger los servicios públicos de primera línea