lunes, 28 de junio de 2010

FINÓU O NOSO AMIGO ROPARZ OMNÉS




A LIGA CÉLTIGA GALAICA quér poñer en comunicación do povo Galego o pasamento de ROPARZ OMNÉS, un bretón que fora perante 30 anos o presidente do Comité Bretagne-Galice, e que o longo da sua vida creara un grande número de vínculos entre os dous países.

Roparz nacera en Dinan no ano 1930 . Xa de moi novo interesóuse pola historia, a lingua e a cultura bretoa desplegando unha intensa actividade.

Fundara a “Xuventude de Estudantes Bretóns”, dos círculos céltigos de Dinan, e de Dinard, presidira a Confederación Kendalc`h, acollendo na zona de Promelin, onde fora alcalde, a primeria escola Diwan .

Apasioado polas lingaas , estudara español na Universidade de Rennes, e afondara en todo cando se referira a Galicia, convocando numerosos encontros sobor moitas frontes de traballo que definían as realacions historias entre a Bretaña e a Galicia.

Dende 1982 ate 2000 presidira o Comité Bretagne-Galice, provocando a realización de novos irmandamentos e intercambios entre os dous países.

Dende a LIGA CÉLTIGA GALAICA queremos comunicar que Roparz Omnés deixanos un importante e imprescindible mensaxe cara as novas xeracións xunto a unha gran laboura de futuro cara os dous paises. Recordamolo tal como era: un home afectuoso, atento, apasionado, por suposto bó e xeneroso e sempre con iniciativas a prol da busqueda incansable de novos sendeiros con os que acortar as sempre boas relacions entre a Bretaña e a Galiza.

Roparz : o teu exemplo e o teu traballo o irán recollendo as nosas novas xeracións de bretóns e Galegos; namentras que o teu espírito vivirá eternamente nos nosos corazóns e nos dous países que amaches.



1 comentario:

Archeoten. dijo...

Uma grande perda, humana e cientifica, tenho muito bons recordos de cando o conhecim no II Congresso de Ferrol, da sua afavilidade e interesse pola Galiza, o dito uma grande pessoa e uma grande perda em todo-los sentidos