Organizado pola Liga Céltiga Galaica, AACC Cultura do Pais e a Irmandade Lusófona de Lugo imos desenrolar o sábado, dia 26 Junho 2010 unha xornada que nos descubrirá ún dos paraxes máis especiais e misteriosos da nosa xeografía.
PUNTO DE ENCONTRO
10.30. Combinamos todos en Sarria ao pe das escaleiras do hotel Afonso IX.
10.50.Chegaremos ó cruce de acceso ó Castro de Formigueiros e da Necrópolis de Santa Mariña a tres km do povo de San Eufrasio cara o Incio e a dereita da estrada que comunica o Val do Mao con Castroncán e Samos. Deixando alí os coches, preparerémonos para o roteiro.
O ROTEIRO
11:10.- Escomenzaremos visitando a Necrópolis de Santa Mariña, na raia de Samos o Val do Mao, declaradas BIC. Percorreremos a chaira para retornar de novo a estrada.
Exténdese pola confluencia dos tres concellos de O Incio (parroquia de Santa Cristina de Viso), Samos (parroquia de Santiago de Formigueiros) y Sarria (parroquia de San Martiño de Loureiro).
A necrópolis construírase ó longo dun amplo intervalo , que pódese ubicar entre o Neolítico Final e o Bronce Inicial (entre el IV.º y el II.º Milenio a.C.), erixíndose como unha das máis relevantes concentracións de arquitecturas tumulares de todo o NW peninsular.
A necrópolis construírase ó longo dun amplo intervalo , que pódese ubicar entre o Neolítico Final e o Bronce Inicial (entre el IV.º y el II.º Milenio a.C.), erixíndose como unha das máis relevantes concentracións de arquitecturas tumulares de todo o NW peninsular.
Este carácter notable, vén dado, non só polo elevado número de elementos que a conforman, senon tambén pola heteroxeneidade ou diversidade que presenta tanto nas suas dimensións e nos restos das antas que resultan hoxe en día visibeis, como na ocupación do espazo funerario, que implica, entre outras cousas, que en varios casos a construcción dun monumento se realice prácticamente sobor da periferia da masa tumular de outro, ou a existencia dun emplazamento xerárquico no caso de tres elementos, dende os que son percibidos a mitade dos integrantes da necrópolis.
Están identificados un total de 44 xacementos ou elementos arqueolóxicos, correspondendo 40 de eles a monumentos tumulares ou medorras, nome este último con o que se nomea na zona a esta categoría de xacementos, tres a grabados rupestres e un elemento adscribible cando menos a época moderna (camiño real).
12.00 .- Unha vez retornados o cruce, atravesarémolo, iniciando o sendeiro que o longo de 5 kms, levarános ó Castro de Santa Margarida.
Ós seiscentos metros aparece a mán esquerda un camiño que da acceso ó castro de Formigueiros, situado a uns 150 m do desvío.
12:10 .- No Castro haberá un pequeño acto de apresentación polos membros da Treba Seurra.
Nesta acondicionada rota de sendeirismo permitirános, a través de 5,3 km de lonxitude entre os límites municipais de O Incio e Samos; coñecer a excepcional riqueza patrimonial das cumes da Serra do Édramo, pois nesta Serra atópanse os máis notabeis monumentos arqueológicos do sul lucense.
Miraremos de perto o castro de Formigueiros, a necrópolis megalítica do monte de Santa Mariña chegando a través de varias necrópolis como o Campo de Valentin ate o Castro de Santa Margarida, atravesando algunhas áreas recreativas para o noso avituallamento.
Sendo este emplazamento un dos castros máis espectaculares do Pais debido o seu extenso e complexo sistema defensivo, está defendido en tódolo seu perimetro por unha sólida muralla que alcanza nalgúns tramos os catro metros de anchura. O seu alrededor exténdese un amplio conxunto de fosos e muros con unha complexidade que fai difícil a sua interpretación.
13.- De seguido regresaremos á pista principal , e a 1,3 km atoparemos nun miradoiro cunhas fermosas vistas do Val do Mao.
13:15.- A 600 m chegaremos ó conxunto de mámoas do Campo de San Valentín, sendo visibeis só dous do seu conxunto. Podremos ollar nunha delas a cámara e o corredor.
No km 2,4 bateremos nun cruce de camiños, o sendeiro que vai cara San Eufrasio e a igrexa de Santa Maria do Mao
Uns douscentos metros mais adiante, á esquerda da pista bateremos con outra mámoa e unha reducida área de descanso.
13:30 .- No km 2,9 a esquerda , un desvío sinalizado levarános ó mirador do Castelo a través dun percorrido de 450 m, ficando a pouca distancia do mesmo un marco xeodésico de A Vila e os restos do que fora unha torre de vixilancia dende a cal pódense divisar os castros de Formigueiros e o se Santa Margarida , tendo asemade unhas fermosas vistas da vila de Samos e da sua bisbarra con Sarria no horizonte.
A 4,2 km atoparemos a derradeira mámoa accedendo a ela por un camiño que sale a esquerda da pista.
14.00.- Km5: final da rota no castro de Santa Margarida, o que accederemos a sua atalaia virando a mán esquerda por un camiño que nos levará ate a sua base.
14:15 .- Iniciaremos o camiño de regreso ate bater co anterior cruce de camiños. Daquela colleremos o camiño cara o Mao e a 300 m, na área recreativa das Fontes, celebraremos os coñecementos do dia cun xantar.
16:30.- Despois dos postres e a obligada tertulia, onde deseñaremos onde pasar o resto da xornada, retornaremos ate a zona do Castro de Formigueiros onde deixaramos os coches, para seguir coñecendo estes eidos históricos esquecidos da Galiza que ben merecen da ubicación neses lares dun Parque Arqueolóxico.
POR TANTO EMPLAZÁMOSVOS A QUE AUNQUE NON SECUNDEDES O NOSO CHAMAMENTO, NOS VISITEDES PARA OLLAR AS FOTOS E COMENTARIOS QUE PUBLICITAREMOS NESTE E NOUTROS BLOGS DA LIGA CELTIGA GALAICA, CUN OBXETIVO MOI CLARO: A UBICACIÓN DUN PARQUE ARQUEOLÓXICO NESTA MÁXICA E TRANSCENDENTAL ZONA HISTÓRICA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario