sábado, 10 de octubre de 2009

BEBE GALICOLA!!

Aqueles que renegan das multinacionais ao tempo que se refrescan cunha Coca-Cola xa poden poñer remedio aos seus problemas de conciencia.

A Asociación Cultural Fontaira vén de lanzar a alternativa galega ao refresco global: a Galicola. Desde este mes empezan a distribuíla por bares, centros sociais e tendas de alimentación de toda Galiza, nunha iniciativa que propón “unha oposición consciente á globalización e o capitalismo” e ten como fin último xuntar recursos para asociacións que traballen na defensa e normalización da lingua galega.

A Galicola estase comezando a distribuír en botellas de plástico de 33 centilitros. Embotellada nunha fábrica de bebidas galega, a cola do país non ten cafeína.

Por agora producíronse 5 mil unidades, que servirán para calibrar a demanda e “marcar próximas tiradas”, explica Paulo Tobío, un dos promotores da iniciativa. Estima que a final deste mes terán unha relación dos puntos de venda nos que se pode atopar, que publicarán na web do proxecto: galicola.org.

Apoio á lingua O lema da Galicola é “Sabor para a túa lingua”. A iniciativa non ten carácter lucrativo, polo que todos os beneficios que se xeren, descontados os gastos de produción e distribución, irán para a asociacións que traballen a prol da normalización do galego. Ademais, o 5% dos ingresos brutos destinaranse a este fin a través dun “fondo polo galego”.

Para determinar o destino dese fondo, a Asociación Cultural Fontaira convocou o concurso Ángelo Casal. Animan a entidades sen ánimo de lucro a que antes de final de ano envíen os seus proxectos para promover a lingua. A partir do 1 de xaneiro exporanse na web, os mellores serán escollidos por votación popular e o 17 de maio baleirarase o fondo para entregarlle os cartos ao mellor proxecto

O NOSO MAR EMPORCALLADO: ESIXIMOS UNHA RESPOSTA!!

Recollido de A NOSA TERRA-VIRTUAL:

Ó parecer é un punto autorizado por Fomento.

Denuncian o perigo dos verquidos na ría de Arousa

As plataformas en defensa das rías de Arousa e Vigo, a asociación pola defensa da ría de Pontevedra e sectores produtivos representados por diversas confrarías de pescadores e asociacións de mariscadores denunciaron a deterioración que sobre o ecosistema das rías está causando as verteduras que desde 1998 veñen realizado nun punto que se sitúa na boca da Ría de Arousa.



A zona na que diversos portos da ría arousá realizan estas verteduras foi autorizada para tal fin en 1998 polo Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (Cedex), organismo dependente do Ministerio de Fomento.

Os ecoloxistas calculan que neste tempo arroxáronse ao mar neste punto, situado a dúas millas da illa de Sálvora e a 3,5 millas da illa de Ons, unhas seis millóns de toneladas de verteduras de todo tipo, na súa maior parte procedente de dragados.

Estas verteduras poderían estar xerando, segundo os denunciantes, unha importante alteración no ecosistema das rías, xa que parte das sustancias verquidas ao mar son transportadas polas correntes a zonas do interior das rías e a outros puntos do litoral galego.

Os colectivos en defensa das rías presentaron hoxe unhas imaxes tomadas polo sónar dun pesqueiro nas que se aprecia que unha alteración importante do fondo mariño no punto onde existen as verteduras, no que existe unha profundidade de 95 metros. En concreto, apréciase a existencia unha "montaña" duns vinte metros de altura xerada pola acumulación de residuos.

Segundo as estimacións dos ecoloxistas esta montaña de verteduras pode conter ao redor de dous millóns de metros cúbicos de residuos. "Onde están os catro millóns de metros cúbicos restantes?" pregúntase o portavoz da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, Xaquín Rubido.Rubido instou as administracións a que analicen a composición destas verteduras e cales poden ser as consecuencias que carrexen ao ecosistemas das zonas produtivas das rías galegas.

Os ecoloxistas e os sectores produtivos recoñeceron que as verteduras están autorizadas e son legais pero cualificaron de "disparate" que nas rías galegas se aplique unha normativa de carácter xeral para todo o litoral español. Na súa opinión, tanto polas súas características, como pola súa produtividade, as rías galegas deberían ter unha consideración propia que evitase este tipo de situacións.

Neste sentido anunciaron que lles proporán ás Administracións a creación dunha mesa de diálogo, "da que non se exclúa a ninguén", para propiciar a creación dunha normativa "que teña en conta a realidade das rías".Como primeira medida as asociacións proteccionistas e os sectores produtivos do mar solicitan unha moratoria que suspenda o máis axiña posíbel estas verteduras. Se non leva a cabo, os ecoloxistas anunciaron que estudarán a posibilidade de realizar unha denuncia desta práctica en Bruxelas.

Lixo na praia de Vares









Praia de Vares: desde o dia 11 de setembro ó 5 de Outubro estivemos vendo impasiblemente un continuo acumule de lixo , ate que fartámonos de ir tropezando cada poucos metros con algo; daquela escomenzamos as actuacións, establecendo un punto limpo no centro da praia e sinalizar aqueles focos susceptibles de tacto, como as medusas mortas .
Inda o mar devolvera un enorme pez -globo, mais parabéns , porque voltara ó mar: a resaca levárano de novo para alimento dos seus habitantes mariños.
Xa na derradeira semán de setembro adicámonos a protexer e sinalizar o punto limpo , para que alguén viñera a leva-lo.
Por alí pasaron diariamente xentes do povo na procura de restos da marea que poideran aproveitar, mais o lixo seguía alí.
Naide se molestóu en recolle-lo.
Chegamos o dia 5 de outubro. Unha boa marea desplazóu todo o lixo cara o fondo da praia: non habia outra, recollimo-lo todo en 8 grandes bolsas cara o no noso coche o deixámolo nos contenedores de lixo do povo.
Acordámonos moito do comportamento de moita xente indíxena cando fora o do Prestige.

un cachalote morto descompónse na praia de Vares dende hai varios meses


Un cachalote pasóu na area da praia de Vares o ultimo tercio da temporada veraneán e a primeiros de outubro todavía seguia alí. Pudríndose. Seica o servizo de limpeza de praias acabara o seu cometido de limpeza turística ó acabar a tempada ... e alí quedóu o noso amigo cachalote, e quedará ate que non quede nada dél.
Reclamamos limpeza anual das nosas praias. Deámonos a respetar. Ofrezamos calidade todo o ano os nosos visitantes.

miércoles, 19 de agosto de 2009

Talados os pindos do "piñeiral da Moa" no PINDO

Hai un par de meses coñeciamos o que para nós era unha desfeita no corazón do Monte Pindo. Un coñecido piñeiral, que daba sobra a unha pequena chaira debaixo da Moa, foi talado para a construción dunha área de descanso. As mesas de madeira substitúen os piñeiros.
RECOLLIDO NO BLOG "QUE PASA NA COSTA??"

VII ENCONTROS NOS PENIDOS


QUERIDA XENTE: FIXAMOS O SÁBADO DIA 29 DE AGOSTO PARA O DIA DOS ENCONTROS NOS PENIDOS.


OS ACTOS DURARÁN TODO O DÍA 29 , DENTRO DO CÁL TEMOS DESEÑADO TRES ROTEIROS E UNHA CEA QUE SEN DÚBIDA FARÁN DAS VOSAS DELICIAS.

PRIMEIRO ROTEIRO


CURRO DE SANTOME- PRADO DAS CHANTAS-PENA TEIXEIRA – CIRCULO DA CHAIRA DOS PENIDOS – CRUZ DE MONTEIRO-PEDRAFITA ABATIDA-PENA QUE FALA- ASENTAMENTO DA CHAIRA DOS PENIDOS-PEDRAFITA DAS CORUXEIRAS- PENA ZOOMÓRFICA NA CHAIRA DAS CASETAS – CUME DO ARBOL VELLO- CURRO SANTOME

4 HORAS. Doado


CURRO DE SANTOME- (Recepción )…………………………… 10:00
SAIDA ( non haberá demora) ……………………………………...10:30
PRADO DAS CHANTAS…..(nos coches ate o seu pé)…….. 10: 45
GRUPO ABALADOIRO……………………………………………...10:50
-PENA TEIXEIRA –……………………………….…(repesca ) …. 11.00
(A Pena fica a dereita do Prado das Chantas. Si chegades tarde, alí vos agardaremos ate as 11 h)
RESTOS DA MINA DE WORFRAM…………………………..…. 11:15
CRUZ DE MONTEIRO-……………………………………………. 11.30
PEDRAFITA ABATIDA-…………………………………………… 11:45
PENA QUE FALA- …………………………………………………. 12:00

DESCANSO E REGRESO……………………………………… 12.15
NECRÓPOLIS E ANTA…………………………………………… 12: 30
CIRCULO DA CHAIRA DOS PENIDOS………………………… 12. 40
DESCANSO ……………………………………………………… 13:00
ASENTAMENTO DA CHAIRA DOS PENIDOS-…………………13:10
PEDRAFITA DAS CORUXEIRAS-……………………………… 13:25
PENA ZOOMÓRFICA NA CHAIRA DAS CASETAS ………… 14:00
CUME DO ARBOL VELLO- ……………………………………… .14:10
CURRO SANTOME………………………………………………… 14. 30


DETALLES

1. Saida: Entre 10 e 10:30h. do SÁBADO, 29 DE AGOSTO. Dende os puntos elegidos.
2. Repesca para os que cheguedes tarde : As 11 h na Pena Teixeira , e 12 h. na Pena que Fala (o pé do Penido Vello).
3. Almorzo: entre as 14:30- 15:00 h. Curro de San Tomé.
4. Dependendo do tempo, alteraráse polo miúdo o roteiro elegido.

5. Entre as 18 e 21 horas imos levar a cabo un segundo roteiro, pero gastronómico polos bares e tabernas do val: o guieiro será o infatigable Lionel.
6. As 21:30 h. teremos unha Cea de confraternización no BAR SAN PEDRO, en Correlos, Mor. Alfoz.
7. Si o tempo acompaña, faremos un terceiro roteiro “dos elefantes” pola bisbarra de Correlos entre a 1 e as 2 da mañán.
8. @s que queirades ficar a durmir no San Pedro, dádenos un toque para reservar habitación 636312271
9. E os que queirades vir de camping, chamádenos tamén con antelación.



SEGUNDO ROTEIRO


Listaxe de locais de hostalaría visitábeis:

BAR SAN PEDRO (Mor) Baiuca do Povo, galeguista, local amigo da Liga.
CAFÉ-BAR RODOLFO (Mor) Ten quiosque de prensa e revistas.
BODEGÓN PONTE DE PAU (Mor) Excelentes petiscos. Fermosa vista da Frouseira.
BAR-HOTEL VILA DO VAL (Ferreira) Fermoso local de pedra.
RESTAURANTE BALSA (Ferreira) Excelentes petiscos.


21:30 H ………………… BAR SAN PEDRO (CEA)

TERCEIRO ROTEIRO



ROTA DOS "ELEFANTES" (após da cea).

Saída da HOSPEDARÍA-BAR SAN PEDRO, collendo o camiño de LIÑARES, o nome vén das antigas plantacións de liño do lugar.
Este camiño posúe un engado de seu, xa que carece de alumeado e é doado observar vagalumes, escoitar as rás, a curuxa...
O camiño remata no barrio de SANTA MARIÑA, lugar por onde pasa o RÍO OURO, o nome de Santa Mariña é unha cristianización das ninfas da auga.
Seguiremos cara o barrio de CORRELOS, (onde se atopa o Bar San Pedro), este núcleo chegou a ser capital municipal de ALFOZ DO CASTRODOURO, e até hai uns vinte anos tiña lugar alí unha feira de gado, coñecida na contorna toda.
E de volta na Hospedaría-BSP a durmir... Ou non.


BEN, NOS@S AMIG@S : ESTO É O QUE HAI. COMO DE COSTUME, NON IMOS SER MOITOS, AUNQUE ESO SÍ!: “SELECTOS”.

COMO SEMPRE, IMOS EN PLAN FAMILIAR, POLO QUE A TRAVÉS DO DIA PODERÍAMOS INCLUIR ALGUNHA AGRADABLE NOVEDADE DO VOSO GUSTO. SÓ FICA PROPÓÑELO.

SAUDOS FRATERNAIS.

LIGA CELTIGA GALAICA

Descuberto un castro moi especial en Soesto (Laxe)


Está pendente de verificación até que punto as obras da estrada poden afectarlle a estes restos, malia asegurar a Consellaría de Cultura que o depósito está a salvo. Foi na prospección valorativa realizada polo persoal arqueólogo no trazado da ampliación da estrada AC-433 cando se atopou, na altura do lugar de Castrelo, na parroquia de Soesto (Laxe), unha porta monumental de entrada a un xacemento castrexo da segunda Idade do Ferro.
A escavación, entre varias casas da aldea, amosa un gran muro, dun ancho superior a tres metros, e unha grande entrada de carácter monumental, similares á do próximo Castro de Borneiro ou ao de Elviña, con grandes laxes que cubren o seu chan. Na zona interior poden verse os inicios dun corpo de garda.
Trátase dun achado moi pouco habitual nas escavacións do mundo castrexo en Galiza: a muralla ten un escalonado característico, e o máis curioso é que ao carón da entrada monumental, á súa esquerda, advírtese unha segunda porta, mais tapiada. Pódese atopar máis información e a localización concreta no blog de Manolo Gago.
INFORMACIÓN RECOLLIDA DE "A NOSA TERRA"